Os contos da nai da miña nai
Actividade de narración oral que recolle a tradición oral e escrita galega.
Contos baseados en mulleres que protagonizaron a historia cotiá e marcaron o futuro. Cancións de berce, poesía, contos das avoas, de ilustradas e non tanto. Un pequeno homenaxe a todas as avoas e particularmente a Minia Senín, personaxe de María Victoria Moreno Márquez, a quen se dedica en 2018 o Día das Letras Galegas.
Para todos os públicos, a partir de 5 anos.

