Setefalares
Percorridos de historias pola cidade, historias de Camerún, Portugal ou Galicia e roldas de narradores son algunhas das actividades que ofrece o Setefalares, o Encontro Internacional de Contadores de Historias que acolle en xuño Pontevedra.
O programa conta con actividades de balde e de pago e tamén con algunhas para público familiar e outras para público adulto.

