A miña primeira viaxe
Un día abrín os ollos e atopeime aquí, viaxando cara a ningunha parte, son un paxaro voando cara as nubes?, un peixe caendo cara o mar? Aterro amodo, sobre unha superficie branda e quente, recoñézoa! escoito o tum- tum, que me arrolou durante meses, a miña viaxe continúa envolto nos cálidos brazos da miña mamá.
Duración: 30 minutos.
Idade: de 0 a 3 anos.
É necesario recoller invitación.

