Contacontos/Narración oral

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Under the sea

A aventura dun neno que atopa unha moeda antiga procedente dun barco pirata afundido e decide ir na procura do resto do tesouro.

Para nenas e nenos de 3 a 10 anos.

No salón de actos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala. 

Galego

Imaxina que...

Narración oral onde falamos do poder da imaxinación en nenos e nenas, pero tamén nos maiores. E de como, por un instante, podemos viaxar a paises imaxinarios e a outros mundos, de vivir os nosos desexos máis agochados.

Para nenos e nenas de 3 a 12 anos.

No salón de actos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala. 

Galego

Contos sorprendentes de nenas e nenos diferentes

Quen non soñou esperto algunha vez? Ti, eu , todas e todos poderiamos protagonizar estas historias imposíbeis de nenas e nenos diferentes. Historias coas que viaxar a planetas afastados, medrar e encoller, converternos en monstrosos dinosauros ou montar a cabalo cos indios.

Para nenos e nenas de 3 a 12 anos.

No salón de actos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala. 

Galego

Bailar nas nubes

Unha nena soña con bailar coas nubes, pero a súa casa está moi lonxe do ceo!. Van chegando veciños de lonxanas terras, co corazón ferido, ou namorado, ou pechado baixo sete chaves, que abrirán as mans e as nubes bailarán con todos. Espectáculo inspirado no libro de Vanina Starkoff.

Para nenos e nenas de 3 a 12 anos. 

No salón de actos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala. 

Galego

Cores e persoas

A gran Lilí Gruyère vén dunha xira polos EEUU da que trae moitos agasallos para os demais ratiños e ratiñas de Lonxedetodo. Por suposto, na súa maleta tamén ten sitio para varios libros de contos, que lóxicamente compartirá con nós!

E algo máis, vainos amosar unha das cancións do seu repertorio, que sempre utilizan na súa aldea para resolver problemas. Así que hoxe toca rematar ou noso encontro cantando e bailando!

Sábado 28 de abril, ás 12:00 horas.

Para todos os públicos. Entrada libre

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Contacontos/Narración oral