Contacontos/Narración oral

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Alter Ego

O grupo cultural Alter Ego organiza o seu primeiro recital poético de 2018. Ao finalizar, haberá micro libre para que se anime a participar. 

A entrada son 2 euros.

Galego

Cinema de historias

Un contacontos para nenos e nenas de mais de 3 anos a cargo de Raquel Queizás, co título:

 

"CINEMA DE HISTORIAS"

 

Unha maleta vella esconde, como se de unha "cápsula do tempo" tratásese, os recordos dunha nena chamada Alice, unha gran contadora de historias, que de maior fascinada pola maxia da imaxe en movemento, chegará a ser a primeira persoa en dirixir cinema.

 

Galego

Contadas na súa voz

Rendemos unha merecida homenaxe a Helena Villar Janeiro, pioneira da literatura infantil en galego e figura destacada da nosa cultura, tanto pola súa dedicación á literatura como ao ensino. Repasamos a súa biografía e faremos, para a infancia, contadas na súa voz. Para nenas e nenos a partir de 3 anos.

Galego

Del Norte vengo

O Festival Atlántica navega uns días máis e a biblioteca cede o espazo a Laura Escuela para levar a cabo o contacontos en castelán Del Norte vengo. É unha sesión de contos que veñen do norte, máis concretamente de Escocia e do resto do Reino Unido. Son historias que veñen do frío, das xuntanzas fronte ao lume, das vidas de tantos que souberon vivir para contalo. Dirixido ao público adulto.

Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Bebecontos

A biblioteca cédelle o salón de actos ao Festival Atlántica, Festival Internacional de Narración Oral, VI edición. Momentos de complicidade e sensibilidade cos máis pequenos e pequenas da casa. Historias, nanas, xogos, cantigas e moitos libros.. Contacontos en castelán para bebés de 0 a 3 anos e acompañantes.

Galego

Un saco de contos

Contacontos a cargo de Ángeles Goas. "Eu teño un saco máxico que podo encher de contos; esta vez vén cargado con algúns que me contaron as mulleres máis importantes na miña vida". Para nenos e nenas a partir de 4 anos.

Galego

Lúa e os peixes

Hai tempo contáronme que o mar escondía estrañas historias nas súas profundidades, unha delas é a de Lúa e os peixes voadores, outra é a de ... pensándoo mellor, se queres coñecer máis contos do mar, mergúllate comigo!. Para nenos e nenas de 3 a 12 anos.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Contacontos/Narración oral