Contos en lingua de signos
Contos en lingua de signos. Para todo tipo de público, oíntes e xordos.
Nenos/as de máis de 3 anos. Entrada libre.

Contos en lingua de signos. Para todo tipo de público, oíntes e xordos.
Nenos/as de máis de 3 anos. Entrada libre.
Volven os Ratos de Lonxedetodo con Lilí Gruyére que, ademais de artista, é unha gran cociñeira. Hoxe vai preparar en directo un menú moi san. Nesta sesión trátase o tema da alimentación e propóñense hábitos saúdables.
Contos que se lerán:
. El jarrón del fondo del agua. En: Mil años de cuentos [de historias y leyendas para contar a los niños antes de acostarse]. Madrid : Edelvives, 1996
. Sopa verde. Ângela Madeira e Till Charlier . Pontevedra, OQO, 2013
SÁBADO 13 de xaneiro, ás 12:00 horas
Esperanza Limia e Mª José Pardo, participantes do Programa de Voluntariado Cultural da Rede de Bibliotecas de Galicia, coa colaboración de Adrián Romero, alumno en prácticas de Animación Sociocultural do IES Rosalía de Castro, comparten o seu tempo de xeito altruísta lendo contos aos nenos e nenas presentes para achegalos ao mundo dos libros e promover o interese pola lectura.
Sala Infantil. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.
Margarita Castro e Esperanza Limia, participantes do Programa de Voluntariado Cultural da Rede de Bibliotecas de Galicia, comparten o seu tempo de xeito altruísta lendo contos aos nenos e nenas presentes para achegalos ao mundo dos libros e promover o interese pola lectura.
Sala Infantil. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.
Gina quere celebrar unha festa polo seu aniversario, pero ningunha das súas amigas nin dos seus amigos pode asistir. Que pasará ao final o día do seu aniversario?
Para nenos e nenas de 3 a 12 anos.
No salón de actos, entrada libre ata completar a capacidade da sala.
Contos de misterio en clave detectivesca. Xogos de pistas. Herbario caseiro "do criminal perfecto".
Coñece en primeira persoa as sagas de detectives que fixeron historia... Quen é quen?.
Para nenos e nenas de 3 a 12 anos.
No salón de actos, entrada libre ata completar a capacidade da sala.
Novo ano e novos contos, recén chegadiños, nun paquete a estrear. Desfacemos a lazada, e aí están, que se escapan. Que non se vaian, que agora mesmo os imos contar!
Para nenos e nenas de 3 a 12 anos.
No salón de actos, entrada libre ata completar a capacidade da sala.
É o momento, antes de durmir, cando acabamos de o bañar ou de cear cando lle podemos contar contos, contos que o farán rir, pensar, aprender, soñar,… É nese momento onde podemos compartir tantas cousas.
Duración: 40 min. De 0 a 3 anos. Inscrición previa.
Para nenos menores de tres anos. É necesario recoller invitación en Kids&Us Vigo ou na Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel.
Session based on food through several activities: a story-telling, role-plays, a song and a game. // Dedícase a sesión aos alimentos, que se traballarán mediante un conto e a súa teatralización, unha canción e un xogo. Duración: 60 minutos aprox. A partir de tres anos. Inscrición previa.