Contacontos/Narración oral

Galego
Taxonomy Imagen png: 

A Viaxe de Nano

BEBECONTOS

Nano está a aprender o nome das cousas, as cores, aos poucos, todo o fai xogando ata que lle toca compartir a auga da súa cunca amarela co pequeno paxaro vermello, Pío. -Non! ,di Nano, a auga é miña…

Nenos/as de 0 a 3 anos

Prazas: 25

Galego

O cole de Lonxedetodo

Os Ratos de Biblioteca proceden dun lugar chamado Lonxedetodo, onde os libros e a lectura ocupan un lugar sobranceiro na vida da comunidade.

Os Ratos de Biblioteca cada certo tempo viaxan ata algunha biblioteca para comunicarse cos humanos, tentar contaxiarlles aos nenos e as nenas o seu gusto pola lectura e por coller contos prestados.

Para nenos/as de 6 a 12 anos 

Sábado  2, ás 12:00 horas

Entrada libre

Galego

Welcome back Santa!

Aprenderanse palabras importantes para o Nadal (reno, agasallos, boneco de neve) e as preposicións de lugar. Para iso cantaranse dúas panxoliñas, Jingle Bells e We Wish You a Merry Christmas, e realizaranse xogos con cartóns de imaxes.

Idade: dende tres anos.

Duración: 50 minutos.

É necesaria inscrición previa.

 

Galego

Pescando contos

Contos salgados, mollados, contos vellos e contos novos, historias de peixes e de quen os pesca, historias das nosas rías e tamén de mares remotos. Mergullarémonos nun mar de historias, nadaremos polas profundidades e sairemos á superficie para coller aire, remataremos salgados e empapados de palabra.

Duración: 50 minutos.

Inscrición previa.

 

 

Galego

Contos do animalario

Unha viaxe polos montes, prados e camiños máis verdes que poidamos ver, unha chea de encontros cos animais máis marabillosos: toupas choscas, chibos enormes e ogros torpes, pombas doces e dragóns atroces, bichos estraños, cabalos azuis e cantos de fai anos e de non fai tantos.

Duración: 30 min, na ludoteca. Para 20 nenos e nenas de 0 a 3 anos cun acompañante por cada un.

Galego

Contos e lerias de Daboapipa

Daboapipa narra unha recollida de historias que non nos deixan esquecer aos máis maiores, eses avós e avoas sempre presentes, coa palabra preparada para saír en calquera momento pola boca, con contos para pacientes, para impacientes, para o demo, para tremer de medo, para o mal tempo boa cara e para amarse e durmir quentiños.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Contacontos/Narración oral