Contacontos/Narración oral

Galego
Taxonomy Imagen png: 

O apalpador

Dende as montañas dos Ancares e O Courel baixa cara a biblioteca o vello carboeiro, o chamado Apalpador, quen traia castañas asadas as nenas e nenos que tiñan fame naqueles tempos de inverno. Agora, cando abrimos as castañas, céibanse contos que alimentan o coñecemento da riqueza dos nosos soutos e carballeiras, regatos, e das penedas das fervenzas.

Para nenas e nenos de 3 a 12 anos.

No salón de actos, entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Historias da maletra

Todas as letras xuntiñas viaxan e xogan dentro da miña Maletra. E cando a abro, todas corren para fóra bailando e formando palabras que xogan á roda e cóntanme ao ouvido fermosas historias que levan tempo andando polo mundo, de boca en boca, de soño en soño.

Para nenos e nenas de 3 a 12 anos.

No salón de actos, entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Sabéndote Rosalía

Unha Rosalía nena irá debullando a súa vida entre versos, cancións e soños. Quen mellor que ela para facelo?

Un achegamento ao mundo infantil da nai das nosas letras, a Rosalía defensora da muller, da súa terra, reivindicativa, divertida…

Para nenos e nenas de 3 a 12 anos.

No salón de actos, entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Contos infantís

Margarita Castro e Mª José Pardo, participantes do Programa de Voluntariado Cultural da Rede de Bibliotecas de Galicia, comparten o seu tempo de xeito altruísta lendo contos aos nenos e nenas presentes para achegalos ao mundo dos libros e promover o interese pola lectura.

Sala Infantil. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

 

Galego

Mamá, papá, pipí

Calquera papá ou mamá pasamos por ese momento. Ese terrible momento de quitarlle o cueiro ao noso bebé. Con este contacontos trataremos de darvos ideas. Xogos, cancións e mesmo bailes para que, cando chegue a hora, podamos ter máis dun recurso.

Idade: de 0 a 3 anos.

Duración: 30 minutos.

Inscrición previa.

Galego

O fin de ano dos animais

As folerpas de neve cobren a paisaxe e convértena nun precioso manto branco, que non durará moito xa que os nosos animais o cubrirán coas súas pegadas para iniciar unha viaxe misteriosa cara un ano novo. Teremos que acompañar a un exército de pitas que busca vinganza, a unha formiga cantante, a un gato saltarín e a moitos animais máis que nos axudarán a combater o frío e que precisarán da nosa axuda para resolver os seus problemas. Súmate a esta viaxe! 

Idade: de 3 anos en adiante.

Duración: 45 minutos.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Contacontos/Narración oral