Contacontos/Narración oral

Galego
Taxonomy Imagen png: 

A casa de Carmeta

Carmeta non está nunca quieta, fala polo día e pola noite, fala cando corre e cando vai en coche. Carmeta é unha nena valente, que ás veces se asusta, unha nena decidida que pasa vergoña, unha nena capaz de comerse sesenta e sete bolos de vento mais un. En fin unha nena como ti. Duración: 45 minutos. A partir de 3 anos. Inscrición previa.

Galego

O Apalpador

Quen é o Apalpador? A historia deste personaxe do Nadal galego será contada na Casa da Cultura Manuel María ás 19:00, nun espectáculo a cargo de Caxoto Contacontos.

Galego

Bibliocanta con Eduvía

Nova sesión do Chiquiclub na que Eduvía achéganos BiblioCanta, unha fórmula marabillosa para que os nenos máis pequenos se acheguen ao cancionero tradicional galego á vez que saborean e gozan as cancións propostas, permitindo que non caian no esquecemento estes devanditos, recitados e cancións, transformándose de novo nunha forma de lecer e de expresión.

Para nenos e nenas de 1 a 3 anos. 

Inscrición desde o sábado anterior na sala infantil ou chamando ao 988 78 83 95

Galego

Meiga nova, metade anxo, metade marisco

O Museo de Pontevedra organiza esta homenaxe á artista Maruja Mallo, orientada ao público infantil a partir de cinco anos. Enrique Mauricio e Carlos Taboada, voz e ilustrador, respectivamente, dos contos de Polo correo do vento, serán os protagonistas da actividade.

Cando esta remate, os nenos poderán participar nun obradoiro de debuxo co ilustrador ou visitar a sala onde se expón o cadro Cabeza de muller negra, pintado por Maruja Mallo durante a súa estadía en América.

Galego

A historia de Brancaflor

Esta montaxe é unha achega á lenda popular de Brancaflor -filla do Demo- a partir da versión que Xosé Ramón Mariño Ferro recolleu na súa escolma Contos marabillosos. Unha trama chea de probas máxicas, encantamentos, romances e maleficios. Unha fermosa historia de amor entre Brancaflor e Xan, á que se opón o malvado pai da rapaza. A narración vén acompañada con xogos de maxia, que reforzan a comprensión do conto e, sobre todo, fan máis atractivo o espectáculo.

Galego

Chungo. Monólogo de Petróleo

Luis explica as súas vivencias vitais como actor e a deriva que o ten levado a interpretar papeis de raro, de non moi listo e sempre de chungo. Farto da vida, da crise, de non ligar e sobre todo de todos este papeis de chungo. Pódese afirmar que na súa carreira como actor perségueo o chunguismo, sen dúbida ningunha.

Esta programación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nas propias salas onde se celebra.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Contacontos/Narración oral