Contacontos/Narración oral

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Story Times

Xa está aquí a Nadal pero o señor e a señora Claus cren que cada un poden facer mellor o traballo do outro. Por desgraza o resultado é un completo desastre. Ven e axúdalles a conseguir que todo estea listo a tempo para salvar o Nadal.

Galego

Afiando con humor

Sergio Pazos estrea unha nova proposta na que afía o humor do país partindo dunha das nosas principais iconas: O Afiador.
Quén sabe máis do mundo que aqueles que viaxan por él? Ourense é coñecida como a “terra da chispa” por ser terra de afiadores.
Os afiadores galegos sempre viaxaron polo mundo contando historias do que vían, do que vivían e do que escoitaban. Sergio Pazos métese na pel dun deles para contarlle a xente quen son, de onde veñen e a onde van os afiadores.

Galego

Problemas

Ás veces un pode meterse en problemas por non respectar certos límites. E unha vez metidos no problema, o mellor será buscar con calma unha solución e aprender da experiencia.

Sesión na que se trata a importancia dos límites na educación.

Elenco: David Pernas

Galego

Aventuras na cociña

A parte de ser un gran lector, Fuco, o rato de biblioteca, é unha gran cociñeiro. Hoxe vai preparar en directo un menú moi san. Neste espectáculo trátase o tema da alimentación e propóñense hábitos saudables.

Elenco: David Pernas

Galego

Cando petan á porta pola noite

Xabier P. Docampo demostrou ao longo da súa traxectoria posuír unha especial habilidade para recoller a esencia da oralidade galega e trasladala á súa obra. Neste espectáculo faremos un percorrido polas historias contidas nun dos seus traballos máis premiados: Cando petan á porta pola noite. Nelas exploraremos a Terra Chá natal do autor, as lendas espalladas por toda a súa xeografía e as tradicións da nosa cultura.

Galego

Buscando o conto do Nadal

Marionetto, contador de historias, comparte con todos nós unha vella historia que oíu hai tempo. Un conto épico sobre o Nadal, o equinoccio, a luz, a escuridade... pero distintas personaxes interrómpeno. Un divertimento con monicreques un pouco tolo e festivo en torno ao Nadal.

Para nenas e nenos de 3 a 12 anos.

No salón de actos, entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Contacontos/Narración oral