Contacontos/Narración oral

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Os xoves, cóntame un conto

Xoves 22 de febreiro, a cargo de Margarita Castro e Esperanza Limia, participantes do Programa de Voluntariado Cultural da Rede de Bibliotecas de Galicia.

A continuación, e no marco da III Semana da Cultura Chinesa, teremos unha sesión de "Contos chineses" a cargo dun grupo de estudantes chineses de intercambio na USC.

Na sala infantil, entrada libre ata completar a capacidade da sala. 

Galego

Welcome to the jungle

Acompaña a Mousy e a Linda nunha viaxe emocionante a través da lectura, na que coñeceremos todos os diferentes animais que se esconden na xungla.

Para nenas e nenos a partir de 3 anos.

No salón de actos, entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

O gran desfile de entroido

Na selva, o rei, Sr. León decide organizar un desfile co motivo de celebrar o Entroido. Cada animal participante debe ir disfrazado de forma orixinal e ofrecer unha pequena demostración dunha habilidade que posúa. Vós tamén podedes vir disfrazados! Unha divertida historia para descubrir que todos e todas somos especiais.

Para nenos e nenas de 2 a 6 anos. 

No salón de actos, entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

Contos de tesouros

Tan, tan, tan grande é o mundo que podes atopar un tesouro debaixo dunha pedra, nunha illa deserta, na lúa, nun cofre... e, sobre todo, nos contos.

Para nenos e nenas de 3 a 12 anos. 

No salón de actos, entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Galego

A musica das árbores

Graciano Zoqueiro, trasgo e gaiteiro, descubriu que as árbores facían música. Cando o vento move as ramas nace unha sinfonía, cando cae a choiva nas follas soa un violín, unha gaita… cada vez que un ballón fai danzar aos freixos móntase un espectáculo de ballet.

Duración: 45 minutos.

Idade: desde 3 anos.

Galego

Chimpo de ra

Nano é maior e dá grandes chimpos de ra. Nona, a súa irma pequena, cae, non sabe, e Nano rise dela.

Nano ten celos de Nona. Agora, pensa, todos os agarimos son para Nona, Nona para aquí, Nona para alá...

Quere volver ser pequeno outra vez.

Para 20 nenos e nenas de 0 a 3 anos, na ludoteca. Duración: 30 minutos.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Contacontos/Narración oral