Comerá o bebé?
Esta é a dúbida que se lle plantexa a calquera pai/nai que se enfronta a cotío co reto de alimentar ao seu bebé. Unha dúbida que provoca que o adulto teña que exprimir a súa imaxinación para dar con aquel xogo, con aquel conto ou con aquel canto que faga o momento da comida máis atractivo.
E esta dúbida é a que fai de fío condutor deste proxecto de animación á lectura. Un proxecto que, ao igual que o adulto acode á súa imaxinación e aos seus recordos para atopar un momento de sosego que facilite a inxesta, utiliza os contos e a música para chegar ao seu obxectivo

