Ruta propia
Sesión de narración oral con obxectos e monicreques na que se dará a coñecer aos asistentes a homenaxeada nas Letras Galegas 2018, María Victoria Moreno.

Sesión de narración oral con obxectos e monicreques na que se dará a coñecer aos asistentes a homenaxeada nas Letras Galegas 2018, María Victoria Moreno.
Cándido Pazó defínese a si mesmo como “cómico e contador de historias” e iso é o que se atoparán os asistentes nesta sesións de historias cargadas de emoción e humor, mesmo algunhas delas relacionadas co Camiño de Santiago e con aventuras ocorridas a peregrinos e viaxeiros que andan polo mundo adiante buscando o que aínda non atoparon
Pablísimo preséntanos o seu novo e completo espectáculo, unha colección de relatos que amosan a grande variedade e riqueza da literatura infantil e a tradición oral. Nesta amena produción empréganse recursos como: sombras, monicreques, poemas numéricos, contos de nunca rematar, retahilas, brinquedos, cancións e narración oral
Público escolar
Inscrición previa no tel. 881 913 055
A librería Libros para soñar acolle dúas sesións de contacontos.
A primeira, o día 16, está dedicada aos bebés. "Dez dedos nas mans e dez dedas nos pés... para cantar e contar ata dez", é a sinopse do que agarda aos asistentes.
A segunda, o día 18, será para maiores de 3 anos. A actividade é "Os nosos contos, as nosas letras".
Montaxe de teatro de papel e despregables pop-up onde, con elementos como a luz e os papeis traslúcidos, xógase coas texturas, a máxica linguaxe dos papeis de cores e a palabra.
Unha homenaxe á literatura de María Victoria Moreno, cunha viaxe polo mundo onírico dun faiado e as dúbidas dun cataventos sobre as nubes, vendo como as ondas do mar impregnan o vento e o ceo.
Para 30 nenos e nenas de 4 a 12 anos na sala multiusos. Duración: 45 minutos.
Un granxeiro decide participar no premio á granxa máis limpa. Pero o porquiño e o can prefiren xogar na lama…
Poderá gañar o premio? Ven descubrilo!
Para nenos e nenas de 3 a 10 anos.
No salón de actos, a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.
Homenaxe a María Victoria Moreno. Viaxaremos polo mundo onírico dun faiado, as dúbidas dun cataventos, nubes do ceo e ondas do mar. Montaxe de teatro de papel e
despregables pop-up, con elementos como a luz e papeis translúcidos e de cores, o xogo de texturas e a palabra.
Para nenos e nenas de 3 a 12 anos.
No salón de actos, a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.
Homenaxe á figura de María Victoria Moreno, pioneira da literatura galega infantil, a quen se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas.
Repasaremos a súa biografía e faremos contadas na súa voz para a infancia.
No salón de actos, a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.
Os tres osos voltan a casa despois dun longo paseo. Pero cando chegan descobren que a porta está aberta...
Para nenos e nenas de 3 a 12 anos.
No salón de actos, a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.
Contacontos teatral "OVOS, LETRAS E GALIÑAS", pola Compañía do Trinke Trinke
O rato Fuco decide ensinarlle as letras ao seu curmán Pillo utilizando un método revolucionario da súa invención que vai probar hoxe coa axuda dalgúns voluntarios do público. De volta a Lonxedetodo, poderá merendar os deliciosos ovos que poñen as galiñas do seu galiñeiro.
SÁBADO 26 de maio ás 12:00 horas, na Ludoteca da Sala Infantil
Para todos os públicos.