Xornada na honra de Ramón Piñeiro no centenario do seu nacemento
O salón de plenos do Concello de Lugo acolle a mesa redonda dedicada a Ramón Piñeiro organizada pola RAG para celebrar o seu centenario. Xosé Manuel Dasilva abordará achegas documentais para a biografía de Piñeiro, Henrique Monteagudo participará cunha intervención titulada "Ramón Piñeiro e a lingua galega" e Andrés Torres Queiruga falará do "compromiso integral e integrador" do homenaxeado. Modera Xesús Alonso Montero.

