Conferencia/Mesa redonda

Galego
Taxonomy Imagen png: 

O deleite na palabra. Larpeiradas dos literatos

Poucos dubidan que a comida e a lectura son dous grandes praceres. E con frecuencia van da man. Así, o noso larpeiro favorito, don Álvaro Cunqueiro, dicía: “son as xentes da imaxinación, case sempre, as que comen mellor”. É certo, a historia da literatura está repleta de grandes comedores e bebedores, hedonistas consumados que se entregaron ao goce sensual do sabor, o aroma, a textura e a evocación. Ás veces polo camiño do exceso, como naquela película de Marco Ferreri, ás veces cunha contención sublimada e case espiritual.

Galego

Esplendor e farsa da arte contemporánea

No terreo das artes, o século XX veu marcado pola irrupción das vangardas e a multiplicación de novas correntes e “ismos” (fauvismo, futurismo, cubismo, dadaísmo, construtivismo, surrealismo, expresionismo abstracto...). Varias xeracións de creadores enfrontáronse ás convencións estéticas da burguesía desde unha actitude provocadora, cando non abertamente estravagante. A súa influencia social non parou de medrar, mentres a percepción maioritaria dos públicos oscilaba entre o estrañamento e o estupor, entre a fascinación e as acusacións de fraude.

Galego

As Cidades Imaxinadas

Todos lembramos o marabilloso libro As cidades invisibles de Italo Calvino, no que Marco Polo lle describe a Kublai Kan urbes fantasiosas que alzan ao ceo escaleiras de caracol incrustadas en caracolas mariñas. Porén, do que trata esta sesión non é tanto das formas literarias da cidade como da propia imaxinación dos arquitectos e urbanistas á hora de concibir os nosos espazos de relación e convivencia.

Galego

Nexos: María Zambrano e a razón poética

No Día Internacional da Poesía, Nexos quere lembrar á meirande intelectual española do século XX, a filósofa María Zambrano. Co concepto da “razón poética”, Zambrano acuñou unha liña de pensamento que buscaba transcender os estreitos límites do racionalismo para abrirse ao enigmático, misterioso e sagrado da condición humana. Ao longo dunha vida nómade, de exilio e compromiso, entre Europa e América, trabou fonda amizade con algún dos nosos escritores máis sinalados, como José Ángel Valente ou Rafael Dieste.

Galego

Rostro formado/rostro deformado

Conferencia encadrada no ciclo A Historia da beleza de Fidias a Picasso, en colaboración coa Asociación de Amigos do Museo do Prado.

Preténdese abordar a historia da beleza na civilización occidental dende a antigüidade da Grecia clásica ata a era contemporánea

Conferencia de entrada libre ata completar aforo.

Galego

Historia, Literatura, Biografía

Isabel Burdiel, catedrática de Historia Contemporánea da Universidade de Valencia, abre a nova tempada do seminario interdisciplinar O(s) Sentido(s) das Cultura(s) coa conferencia 'Historia, Literatura e Biografía'.

As relacións entre historia, literatura e biografía son as grandes áreas de traballo nas que Isabel Burdiel é unha especialista, centran a conferencia que impartirá no Consello da Cultura Galega. 

 

Galego

Que fala falas? Gheada, seseo e localismos no uso público?

A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Filoloxía da USC organiza o debate “Que fala falas? Gheada, seseo e localismos no uso público?”, que terá lugar no Salón de Graos desta facultade. No acto intervirán Xosé Luís Regueira, catedrático de Filoloxía Galega da USC e membro da RAG; Paulino Novo, coordinador lingüístico da CRTVG e doutor en Filoloxía Galega; Lorena Pose, presentadora da TVG e licenciada en Xornalismo, e Federico Pérez, actor e licenciado en Filoloxía Galega.

Galego

Azala Azalera Azalea

Idoia Zabaleta explicará un percorrido vital que partindo de Azala, un espazo de creación situado no medio rural alavés, chega ata a Azalea, que é unha estrutura de produción experimental situada en calquera lugar. Para iso, e para poder explicarse con claridade, debe atravesar unha superficie de coexistencias, que baixo o nome de Azalerak, se refire a uns modos de facer onde continuamente desbordan os lindes do terreo e todo se confunde e unha deixa de saber xa exactamente onde está.

Entrada de balde, ata completar localidades.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Conferencia/Mesa redonda