Conferencia/Mesa redonda

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Principio de… Vocabulario en la frontera de la visión

Olga Mesa,  coreógrafa e artista nada en Avilés, Mesa é unha das figuras da nova danza contemporánea española. Desde os 90, a súa busca dunha escrita do corpo ao mesmo tempo persoal e renovadora comprométea a asinar o lugar do íntimo dentro da representación, a través dunha construción onde a expresión e a percepción están aliadas. Instalada en Estrasburgo desde o 2005, onde é convidada como artista residente no Théâtre Pôle Sud, a artista desenvolve nas súas obras a escrita dunha dramaturxia experimental deliberadamente na fronteira entre a danza, o teatro, a instalación e o cine.

Galego

Día da Ilustración - As mil caras da ilustración

O libro ilustrado infantil é só unha mínima parte do traballo dos ilustradores: cartelismo, formatos dixitais, audiovisual e libro ilustrado para público adulto son algunhas das moitas posibilidades que gañan máis e máis importancia nos nosos días.

Charla con proxección de exemplos, a cargo dos ilustradores Marina Seoane, Alberto Guitián e Miguel Ruiz Sekone. Irá precedida da presentación ao público do libro Caderno AGPI 2015.

Galego

XI Simposio da Asociación Galega de Editores

Este xoves, 20 de novembro, terá lugar no auditorio do Consello da Cultura Galega a undécima edición do Simposio anual da Asociación Galega de Editores. Manuel Gago, Xosé Manuel Pereiro e Camilo Franco formarán parte da primeira das catro mesas programadas: "A cultura nos medios. O caso galego". Na segunda mesa da mañá, "O libro e a lectura na rede", participarán como relatores, Montse Dopico, César Lorenzo Gil, Raquel C. Pico e Nacho Alonso.

Galego

A revolución xenómica, por Ángel Carracedo

Que é o ADN? Que é o xenoma?  O director do Instituto de Medicina Legal da Universidade de Santiago de Compostela Ángel Carracedo achegaranos algunhas respostas e falaranos do impacto que o coñecemento do xenoma das especies, particularmente do xenoma humano, está a ter noutras disciplinas como a xustiza, a medicina, a veterinaria, a bioloxía ou mesmo no coñecemento da nosa historia.

Entrada libre ata completar a capacidade. 

Esta conferencia forma parte do ciclo de actividades do Mes da Ciencia en Galego

Galego

De libros e libreiros

Con motivo da exposición 'Libros sobre reloxos.Colección José Luis Basanta Campos', que se inaugura o 6 de novembro na Biblioteca e Arquivo de Galicia da Cidade da Cultura, ten lugar ese mesmo día esta conferencia no Auditorio destas instalacións, baixo o título 'De libros e libreiros'.
 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Conferencia/Mesa redonda