Homenaxe a Ramón Piñeiro
Láncara renderalle homenaxe a un dos seu veciños máis sobranceiros. A Real Academia Galega celebrará unha mesa redonda dedicada a Ramón Piñeiro polo centenario do seu nacemento, un acto organizado en colaboración coa Asociación Cultural Val de Láncara, que previamente lle entregará o XIV Premio Ramón Piñeiro "Facer País" a outro ilustre lancarao, o académico de honra Basilio Losada.

