Xornada/Congreso

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

III Encontro Internacional de cestería no Camiño

Tras o éxito das anteriores edicións, o Museo do Castro de Viladonga organiza un ano máis o Encontro de cestería no Conxunto Etnográfico das Pallozas do Cebreiro, un lugar idóneo cuxas técnicas de cestería foron e están a ser usadas no tradicional teitado de colmo. Ademais é a entrada en Galicia do Camiño de Santiago polo que peregrinos e público do Conxunto Etnográfico desfrutarán do bo facer das cesteiras e cesteiros, creando así un ambiente multicultural.

Galego

Relatos sobre a paisaxe no tempo

A xornada consistirá no seguinte:

10:30  Sesión inaugural: Queima do paramento de pallabarro que fora elaborado no obradoiro de arqueoloxía experimental con Alexandre Paz.

Relatorios:

11:00 De carballos e toxos, acibros e abeleiras. O que a arqueobotánicas nos conta das paisaxes da Idade do Ferro, María Martín Seijo, Incipit, CSIC.

12:00 Entre o rural e o urbano: A formación da paisaxe galaica durante o Alto Imperio, Francisco Folgueira Ríos, USC.

*Breve descanso

Galego

Os temas da arte: Heroes e heroínas da mitoloxía clásica

O Museo inicia no primeiro semestre do ano unha nova edición do ciclo anual "Os temas da arte". Está concibido como unha continuación natural do desenvolvido no outono de 2024, onde se estudaron as divindades do panteón grecorromano, xa que os heroes e heroínas obxecto de análise esta vez son descendentes de relacións que tiveron con mortais os deuses estudados anteriormente.

Galego

XVIII Xornadas da Asociación de Museólogos da Igrexa en España

DATOS INFORMATIVOS

Lugar do encontro: Museo Diocesano de Santiago de Compostela (Oratorio de San Felipe Neri). Antigo mosteiro de San Martiño Pinario

Praza da Inmaculada, 5

Santiago de Compostela

Aloxamento proposto: Hospedería de San Martiño Pinario

INFORMACIÓN

Conferencia Episcopal Española. Secretariado da Subcomisión Episcopal para o Patrimonio Cultural

Teléfono: 91 343 96 44

C/ Añastro, 1. 28033 Madrid

Correo electrónico: liturpatrijur@conferenciaepiscopal.es

Galego

Coloquio Galego de Museos Locais

O evento, que contará cunha ducia de museos participantes, enmárcase nos actos conmemorativos do 20º aniversario do Instituto de Estudos das Identidades (IEI) e ten como base o lema escollido polo ICOM (Consello Internacional de Museos) para a edición deste ano do Día Internacional dos Museos, “O futuro dos museos en comunidades en constante cambio”. A idea é impulsar a adaptación dos museos e as comunidades das que forman parte ao dinamismo dun mundo cambiante marcado polas transformacións tecnolóxicas, sociais e medioambientais.

A entrada será libre até completar capacidade.

Galego

Arte, memoria e museos

Galicia foi o primeiro territorio de España onde se levou a cabo unha musealización da memoria e produciuse no Museo Galego de Arte Contemporánea Carlos Maside, declarado BIC o pasado 26 de setembro de 2025. Aínda que isto comezou o camiño da reconciliación discursiva que alí se facía, co paso dos anos, Galicia non recibiu ese recoñecemento que merece na musealización da memoria, non se valorou desde esta perspectiva conxunta, quizais por mor da falta de liñas estratéxicas e plans de actuación.

Galego

XX Xornadas Mar por Medio

A Secretaria Xeral da Lingua colabora coa Academia Xacobea e mais co Concello de Ribadeo na vixésima edición das Xornadas Mar por Medio, que acollerá a vila mariñá dos días 19 a 21 de setembro de 2025. Baixo o lema “Ribadeo, encontro de Camiños”, a cita reunirá a persoas expertas e público arredor do Camiño de Santiago e dos valores culturais que o acompañan, con mesas redondas, conferencias, actividades culturais e un roteiro guiado.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Xornada/Congreso