Xornada/Congreso

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Xornadas de economía local

O sábado 25 de marzo o Auditorio Municipal acollerá unhas xornadas adicadas a formar e dar voz ao tecido sostible e económico de Nigrán. Comezarán ás 16.00 cun taller aberto ao público no que traballar distintos aspectos para emprender e traballar no comercio local con sostibilidade, ás 17.00 h haberá unha mesa redonda na que empresas como Trisk-Ale ou Ertha Surfboard falarán da súa experiencia emprendendo en Nigrán, e ás 18.00 h será a quenda da charla “Restauración de ecosistemas en climas desérticos”, da man do nigranés que está a reforestar o Sáhara, Alexandre Pereira.

Galego

Revera Vinum II Encontro do Viño Galego

O Encontro do Viño Galego Revera Vinum pretende dar a coñecer, promover e difundir os viños galegos entre os profesionais do sector e a veciñanza e os turistas que visiten Santiago de Compostela, así como lograr crear un punto de encontro para as diferentes adegas, DO e IXP galegas, reunidas todas elas por primeira vez nun evento destas características.
+Info: http://reveravinum.gal/programa-rv

Galego

Remedios literarios: que é a biblioterapia?

A biblioteca cede o espazo para a realización de Remedios literarios: que é a biblioterapia? no marco do Evento Multiplicador do Bookpower en Santiago de Compostela.
O Book Power Erasmus+ K2 é un proxecto que desenvolve accións formativas de biblioterapia con mulleres vencelladas a espazos en risco de vulnerabilidade social.
Forman parte del as seguintes entidades: Love for Livres (FR), Espacio Rojo (ES), Led by Her (FR), Quartier Libre (BL), -Arch (IT) e a Fundación Uxío Novoneyra (GAL).

Galego

Arredor de Rosalía de Castro

O mércores, 22 de febreiro, ás 19:00h. para celebrarmos o Día de Rosalía (23 de febreiro) no Museo Provincial de Lugo convocámoste a un Diálogo de Saberes ‘Arredor de Rosalía de Castro’ no que van participar Marica Campo, Luz Darriba e Helena Villar Janeiro. Modera: Encarna Lago González. Benvida e presentación, Tareixa Antía Ferreiro Tallón, vicepresidenta da Deputación de Lugo. Entrada libre até completar aforo. Inscrición previa: concertacionsrmp@mail.com

Galego

Compostela Ilustrada

O Encontro de Cadernos de Viaxe Compostela Ilustrada, nace no ano 2016 da man do Patito Editorial e a dirección de Miguelanxo Prado, como un salón de inverno na cidade de Santiago, aberto a cuadernistas de todo o mundo. O obxectivo que persegue este evento, que se realiza durante a segunda fin de semana do mes de novembro, é traer aos mellores profesionais desta arte para compartir as súas experiencias a través de conferencias, exposicións e xornadas de debuxo en vivo cos participantes.

Galego

Ponte a punto

Ponte a punto é o Congreso Acelerador do Desenvolvemento Persoal. Un evento anual dirixido a todas aquelas persoas que desexan obter ferramentas para desenvolver unha actitude de vida máis plena, feliz e íntegra.

Un congreso que pretende espertar conciencias e inspirar ás persoas para conseguir a mellor versión de si mesmas e axudarlles a desenvolver o mellor do potencial humano para aplicalo no persoal e o profesional.

Galego

XVIII Xornada de normalización lingüística - Escolas Católicas de Galicia

Escolas Católicas de Galicia organiza, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL), a XVIII Xornada de normalización lingüística, dirixida, un curso máis, a todo o profesorado de centros públicos, concertados e privados de Galicia. Desenvolverase o 18 de novembro de 2022, de 9:30 a 14:30 h, no Consello da Cultura Galega.

Máis información

Galego

Xornadas de Ilustración Urbana 2022

Serán tres xornadas de tarde nas que poderemos ter a oportunidade de escoitar conferencias de ponentes de recoñecido prestixio do mundo da ilustración. As conferencias serán moderadas por Maru Godás.

Miguel Anxo Prado e Rita Sabler

Rita Sabler é xornalista visual, educadora, e artista é Directora de Educación na xunta directiva da organización global Urban Sketchers.

Miguel Anxo Prado é un dos mellores debuxantes europeos
 e director do prestixioso festival de cómic Viñetas desde o Atlántico.

Marielle Durand

Galego

Sereas: as mulleres do mar

FUNPROMAR (Museo ANFACO de la industria conserveira), xunto coa fundación FUNDAMAR convocan ás “VIII Xornadas divulgativas sobre o papel da muller no sector pesqueiro e conserveiro. Investigando en feminino”, que terán lugar o luns 24 de outubro ás 17:00h na sede da Deputación de Pontevedra en Vigo, no marco de actuación da marca SEREAS, e que conta co apoio do Concello de Vigo e a Deputación de Pontevedra.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Xornada/Congreso