Xornada/Congreso

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Toponimízate 2023

Nova edición do programa de promoción da lingua galega Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra. A acción enmárcase nos proxectos Toponimia de Galicia e GeoArpad, impulsados ambos os dous desde a Xunta de Galicia, e coordinarase desde a Real Academia Galega (RAG) en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística. A toponimia é a disciplina que estuda os topónimos ou nomes propios de lugar: os das aldeas e parroquias, os dos ríos e leiras, os dos penedos e fontes.

Galego

A Voltas co Baile

O sábado 30 de setembro o Museo do Pobo Galego retoma a actividade "A voltas co baile" para reflexionar sobre o sentido de comunidade nos espazos e prácticas nas que se desenvolve.

Programa:

10h30-11h30. Relatorio. 'Ao coidado do patrimonio inmaterial. Repensando a música e o baile tradicionais como bens mancomunados'. Con Xulia Feixoo.

11h45-12h45. Relatorio. 'Arredor do patrimonio cultural inmaterial colectivo. Viaxe a unha declaración BIC'. Con Beatriz Busto Miramontes.

Galego

Vigo Global Summit 2023

O Consorcio da Zona Franca de Vigo, con motivo do seu 75 aniversario, presenta o Vigo Global Summit 2023. Un congreso excepcional, marco apropiado para unha reflexión colectiva da man de líderes globais en análises e opinión e referencias no mundo da economía, os negocios e a política.

Para contribuír a esta necesaria reflexión convocamos a galardoados co Premio Nobel de Economía, banqueiros, empresarios, directivos, analistas e medios de comunicación. O obxectivo é trazar o camiño para que Vigo, Galicia, España e a propia Unión Europea avancen con máis certeza e seguridade.

Galego

Flúor 2023

5º Edición do Congreso Atlántico de Marketing Dixital-FLÚOR.

Moito máis que un congreso de márketing dixital!

Congreso de dous días. Conferencias, mesas redondas, workshops de diferentes temáticas e  moito networking.

Galego

Encontro lusófono

O EDLG do IES Alfredo Brañas de Carballo, coa colaboración dos departamentos de Lingua galega e literatura e de Xeografía e historia, e mais da Secretaría Xeral de Política Lingüística, promoven un Encontro lusófono dirixido a alumnado de 3º ESO e de 1º BAC. O evento escolar realizarase o vindeiro xoves, 4 de maio, ás 11:30 h no Pazo da Cultura, co apoio do Concello de Carballo.

Galego

Educar aredor dunha mesa: Juan Llorca

A alimentación infantil pode ser moito máis sinxela de entender do que nos parece, se sabemos discernir de todo o ruído de fóra, o realmente correcto.

Todo pasa por sentarnos ao redor dunha mesa, compartir ese momento, enfocarnos no realmente importante e gozar. Para iso falaremos do realmente importante, deixando de lado o que nos sobra e aprendemos de forma fácil e rápida a elaborar un menú para toda a familia. Non deixaremos de lado a importancia do exercicio físico.

Galego

A MOEDA EN GALICIA DESDE A CAETRA ATA O EURO

A Numismática é a ciencia que estuda as moedas, desde a súa descrición ata o seu contexto arqueolóxico, histórico e interpretación.

O termo “moeda” procede do latín moneta, sobrenome da deusa romana Iuno Moneta, xunto a cuxo templo os antigos romanos situaron o seu primeiro obradoiro de cuñaxe. As moedas son a forma de diñeiro máis importante da historia, dende a súa aparición a finais do s. VII a.C. na costa grega de Asia Menor e na China.

Galego

Xornada Picassiana: Os museos como centros de investigación

Seguindo cos ciclos de conferencias que desde hai anos organiza o museo, nos que se reúnen especialistas de distintas disciplinas relacionadas co ámbito da Cultura para tratar un novo tema en cada convocatoria, queremos dedicar a presente edición á obra do artista malagueño. Para iso, contaremos coa presenza de responsables dos distintos museos picassianos, así como doutras importantes institucións vinculadas dalgunha maneira coa figura do pintor, para afondar e debater sobre distintos aspectos da súa traxectoria artística e vital.

Galego

A CULTURA CASTREXA NO VAL MIÑOR: ESTADO DA CUESTIÓN E RETOS SOCIAIS

A CULTURA CASTREXA NO VAL MIÑOR: ESTADO DA CUESTIÓN

10:00 Rosa Villar Quinteiro: Os Castros do Val Miñor. Estado da cuestión.

10:45 Darío Peña Pascual: Escavacións no Castro de Chandebrito. Nigrán

11:45 Rosa Villar, Nicolás Villacieros Robineau: O Castro de Panxón

12:45 Pausa cafe

EXPERIENCIAS DE POSTA EN VALOR DUN CASTRO

13:00 Rafael Rodríguez: O Castro de Santa Trega, A Guarda.

 

Entrada libre ata completar aforo (60 persoas). É necesario reservar praza.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Xornada/Congreso