Teño unha idea e agora que? Curso práctico para a creación de novas empresas
A Cidade da Cultura de Galicia pon en macha este programa que persegue proporcionarlles formación de calidade aos emprendedores culturais interesados en deseñar e xestionar proxectos empresariais creativos e viables.
O curso ofrece formación en procedementos e técnica na xestión de pemes, contidos especialmente adaptados para facelos comprensibles a público non experto. Ademais, inclúe módulos sobre técnicas útiles no eido do emprendemento, como ferramentas de marketing online, coaching, comunicación empresarial ou estratexias de venda.

