Xornada/Congreso

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

V Encontro de Artistas Novos

A Cidade da Cultura de Galicia convértese por quinto ano consecutivo nun espazo de encontro no que creadores emerxentes terán a oportunidade de dar a coñecer os seus traballos e debater ao redor da arte contemporánea durante catro días de convivencia e intercambio de coñecementos e ideas con outros axentes culturais. Será no V Encontro de Artistas Novos que se celebrará na Biblioteca e Arquivo de Galicia do 7 ao 11 de setembro de 2015.

Galego

INSULTARTE II

Dirixida por Vanesa Castro, Iñaki López e Juan Lesta trátase dunha proposta completa de actividades destinada a estudantes e traballadores dos ámbitos da cultura e da creación co obxectivo de orientalos sobre cuestións laborais, fiscais e de xestión.

Galego

Converxencia dixital das institucións da memoria

No medio dixital, esvaécense cada vez máis as diferenzas entre arquivos, bibliotecas e museos. Esa confluencia presenta moitas vantaxes tanto para os usuarios como para os propios centros involucrados na xestión e difusión cultural. Pero é obvio que ese proceso non deixa de constituír tamén un reto e un cambio profundo para uns e para outros.

Profesionais de diferentes centros e profesorado universitario español, portugués e brasileiro debaterán durante dous días como enfrontar eses retos en colaboración e con achegas do maior interese.

Galego

VII Semana do libro, a festa das palabras

Un ano máis a colaboración entre o Servizo de Normalización Lingüística e as Bibliotecas Municipais de Redondela dá como resultado esta completa programación de contacontos, monicreques e presentacións literarias, que se desenvolve en diferentes espazos de Redondela.

17 de abril: A noite branca. Conmemoración do X aniversario da creación da Axencia Municipal da Lectura de Chapela con títeres, curtas e música en directo,  no Auditorio Piñeiral do Crego.

20 de abril: Presentación de Galicia Le,  na Casa da Cultura.

Galego

Nerd Nite

Os contratos sexuais, a problemática do sector eléctrico español e os mecanismos de selección de parella centran a sesión de abril da Nerd Nite. 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Xornada/Congreso