Xornada/Congreso

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

I Congreso Galego de Cultura Urbana: Xeración Hip Hop

O Centro Don Bosco acolle as actividades, que inclúen conferencias, relatos de experiencias, mesas redondas, mostras e un Café-Work. Os obradoiros terán lugar o sábado de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas, e o domingo de 11:00 a 14:00 horas.

O proxecto está organizado pola Asociación Vella Escola coa colaboración do Concello de Santiago e da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia.

Galego

Homenaxe a Rosalía en Marín

O Club de Opinión Portocelo de Marín organiza unha homenaxe a Rosalía de Castro en Marín o 24 de setembro de 2015 por mor do 130 aniversario do pasamento da poeta.

- 19.30 Ofrenda floral na Alameda a cargo da alcaldesa de Marín.

 

- 20.30 Museo Manuel Torres:

     – Presentación do acto: Tesi Landín Carragal, presidenta do colectivo de Mulleres O Abeiro.

      – De seguido saúda do promotor do club.

     – Saúda de Anxo Angueira (presidente da Fundación Rosalía de Castro), que despois presentará o conferenciante.

Galego

A revolución dixital e a nova humanidade

A segunda sesión de Nexos 2015-2016 abordará a Revolución dixital e a nova humanidade cun dos seus maiores expertos: o ensaísta arxentino Carlos A. Escolari. Durante o seu relatorio desvelará algunhas das claves deste fenómeno e dos seus controvertidos efectos na vida cotiá, na esfera social, no modelo económico e na organización política.

Tras o relatorio, a Biblioteca e Arquivo de Galicia acollerá unha actuación artística a cargo de Voltage Opposites, unha proposta onde a danza contemporánea converse coa videocreación.

Galego

Literaturas de cego

Dentro da exposición poden verse instrumentos como acordeóns, zanfonas, guitarras, pandereitas, violíns ou bandurrias da colección persoal de Joaquín Díaz, tamén conta cun instrumento de reprodución musical que utilizaron os cegos copleiros na súa aproximación ao cinema. Destaca a importante selección de pregos de cordel divididos por seccións que están expostos e fotos dos cegos.

Galego

Os fondos europeos e o apoio á cultura no ámbito museolóxico

Xornada que ten como obxectivo informar sobre os programas europeos aplicables ao ámbito da cultura e, especificamente, a proxectos museísticos, así como sobre as redes de asesoramento e información.

Esta xornada está dirixida aos operadores das industrias e institucións culturais e creativas, especialmente aos axentes de espazos museísticos, de ámbito público e privado.

A entrada é libre.

Máis información

Galego

Xornadas sobre Migracións Indianas

Na parroquia vilalbesa de Santaballa consérvase o legado daqueles que noutrora tiveron que deixar a súa terra para cruzar o océano a buscar unha mellor vida. Daqueles indianos queda o máis relevante legado que podían deixar, as escolas, xa que desde a emigración foron conscientes da necesidade dunha educación para os fillos destas terras.

Galego

AARRG 2015

Santiago de Compostela acolle un encontro internacional de arqueoloxía aérea, o AARG 2015, organizado polo INCIPIT (Csic) no que se exporán achados e técnicas vinculadas á disciplina.

Cada vez máis, a tecnoloxía de teledetección área, os modelos dixitais do terreo e outras técnicas de visualización están a permitir novos descubrimentos arqueolóxicos e, sobre todo, novos procedementos e técnicas. 

Máis información

Galego

Encontro de torneiros da madeira

Os Encontros internacionais de Torneiros da Madeira en Galicia son unha iniciativa única na península ibérica que se celebra no concello chairego de Xermade dende fai 15 anos coa que se pretende recuperar do esquecemento un oficio tradicional en toda Galicia, documentar técnicas e coñecementos e trasladar a sociedade as súas orixes e o potencial artístico e creativo que ofrece.

Galego

Urbano Lugrís no Museo Massó, e viceversa

Espazos Sonoros pasa por Bueu para dedicarlle unha xornada ao legado da familia dos Massó, non só desde un punto de vista industrial, senón tamén artístico e musical.

Para iso, proponse unha visita na que poder ollar, desde unha perspectiva diferente, a vila de Bueu a través do legado da familia de industriais Massó e da pegada do poliédrico artista galego, Urbano Lugrís.

Galego

Cultura e comunicación na Europa do século XXI

Responsables de Jot Down, eldiario.es e El Cultural son algunhas das persoas que estarán nesta xoranda para falar de emprender e comunicar cultura. 

A presente xornada tenta, pois, crear un marco de reflexión sobre as políticas de comunicación, o papel da cidadanía, a creatividade cultural en tempos de crise económica, as relacións, moitas veces difíciles, entre o xornalismo e a industria cultural, e o emprendemento comunicativo en materia cultural así como o papel das institucións na difusión e na comunicación cultural.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Xornada/Congreso