OURENSEICCWEEK
A semana das Industrias Culturais e Creativas en Ourense desenvólvese en diferentes vilas da provincia de Ourense.

A semana das Industrias Culturais e Creativas en Ourense desenvólvese en diferentes vilas da provincia de Ourense.
James Benning visita o CGAI.Filmoteca de Galicia. O cineasta independente estadounidense imparte a master class Two Cabins.
A inscrición na clase maxistral (en inglés) é neste email: programacion.cgai@xunta.es
Horario da Master Class: 11.00-13.30 + 17.00-19.30 horas
A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (modificada recentemente pola LOMCE), establece no seu artigo 47 que as administracións educativas facilitarán a posibilidade de cursar simultaneamente as ensinanzas artísticas profesionais e a educación secundaria, e que para tal fin se poderán adoptar as oportunas medidas de organización e de ordenación académica, que incluirán, entre outras, as validacións e a creación de centros integrados.
A Universidade de Santiago de Compostela e a Fundación Otero Pedrayo celebran o acto de lembranza ‘A derradeira lección de Otero Pedrayo’, na memoria do seu discurso de despedida como catedrático da USC, en marzo de 1958. Esta homenaxe lembra o discurso solemne que o mestre converteu na primeira lección que se deu en galego na universidade despois da Guerra Civil.
Congreso que xira ao redor da presenza da muller nos museos e coleccións, dirixindo e participando de proxectos artísticos, así como afondando nos aspectos de xénero que aparecen nas migracións e a súa interculturalidade.
Proxéctase cun carácter activo e contemporáneo, onde poñente e participante se sitúan na mesma plataforma e contribúen nos contidos de cada bloque. O Congreso está estruturado en tres bloques temáticos: .
Obradoiros, foliada, debate e aloxamento os días 25 e 26 de abril no Carballiño.
A ciencia, a educación, o cinema, as novas narrativas, a comunicación corporativa e, en xeral, as distintas industrias culturais aproveitan as dinámicas propias do xogo para tentar atraer a atención e fidelizar un usuario máis participativo. O xogo como ferramenta comunicativa e de coñecemento será o eixe central desta xornada do Consello da Cultura Galega que une industria, tradición popular, ciencia, emprendemento e públicos.
A modo de coloquio, catro personalidades do mundo do deseño e a publicidade permitirannos coñecer dunha forma creativa e orixinal a súa experiencia, cos seus problemas e dificultades e pero tamén os seus acertos. A interacción entre público e relatores facilitarase nunha sesión de networking informal posterior, onde todos os presentes poderán intercambiar experiencias e coñecementos ao redor das degustacións que ofrecerá o Instituto Galego do Viño.
Programa:
Este curso traza un panorama xeral sobre a revolución que supuxeron os novos cinemas nos anos sesenta, as súas intuicións na década dos cincuenta e os seus ecos na posterior década dos setenta. Unha revolución que se opuxo ao chamado cinema clásico e que marcou o comezo da modernidade, ese movemento que supuxo, en palabras de Domènec Font, “unha auténtica sismografía no interior dese edificio que chamamos Historia do cinema”.
Horario: mércores de 19:00 a 20:30 h
Neste segundo bloque abordarase NOUVELLE VAGUE: RIBEIRA DEREITA:
O universo galego de Julio Cortázar centra a nova sesión do ciclo ‘En Paralelo: Noites de literatura e cine 2015’, nunha xornada promovida pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación e a Deputación Provincial de Pontevedra. Nela afondarase na estreita vinculación de Cortázar con Galicia e cos galegos a través do relatorio que ofrecerá o escritor ourensán Francisco X. Fernández Naval, así como da proxección do audiovisual ‘Cortázar Galicia’, dirixido por Juan de la Colina.