Xornada/Congreso

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

II Encontro de Troianos

Tunos veteranos representantes de universidades de España, Portugal, Holanda e México conmemora en Santiago o centenario da primeira edición da novela La Casa de la Troya, de Alejandro Pérez Lugín.

Actuarán polas rúas e prazas da cidade durante dous días e celebran un festival no Auditorio Abanca o sábado pola tarde.

Máis información

Galego

Os instrumentos tradicionais baixo a perspectiva dos artesáns

Desde finais da década dos 70 vimos asistindo a un rexurdir da nosa música popular, posto de manifesto no cada vez maior número de persoas que se dedica a este campo do noso acervo cultural, ben desde a interpretación, a recolleita, a investigación, o ensino…, ben desde a divulgación, a organización de mostras, festivais, xuntanzas, seminarios, etc.

Galego

Recital poético multilingüe de Con barqueira e remador

O Obradoiro Internacional de Tradución Poética Con barqueira e remador acada xa a cuarta edición anual declarando a súa continuidade tanto como o seu carácter pioneiro e singular. Un traballo intensivo, presencial e recíproco de intercambio entre linguas e poéticas coordinado por Yolanda Castaño. Nesta edición conta con actos abertos ao público e gratuitos. Este recital poético é un deles, en colaboración co Concello de Redondela.

Galego

Recital poético multilingüe de Con barqueira e remador

O Obradoiro Internacional de Tradución Poética Con barqueira e remador acada xa a cuarta edición anual declarando a súa continuidade tanto como o seu carácter
pioneiro e singular. Un traballo intensivo, presencial e recíproco de intercambio entre linguas e poéticas coordinado por Yolanda Castaño. Nesta edición conta con actos abertos ao público e gratuitos. Este recital poético é un deles, en colaboración coa Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación (AGPTI).

Galego

Recital poético multilingüe de Con barqueira e remador

O Obradoiro Internacional de Tradución Poética Con barqueira e remador acada xa a cuarta edición anual declarando a súa continuidade tanto como o seu carácter
pioneiro e singular. Un traballo intensivo, presencial e recíproco de intercambio entre linguas e poéticas coordinado por Yolanda Castaño. Nesta edición conta con actos abertos ao público e gratuitos. Este recital poético é un deles, en colaboración coa AELG e o Concello de Pontevedra. 

Galego

Mary Quintero. A luz que alumea a vida

O traballo da fotógrafa Mary Quintero, centrado nos retratos de estudo, foi a crónica de toda unha época na Galiza, sobre todo en Lugo e Vigo. O inicio do seu labor, con 15 anos, e a súa dedicación ao longo de décadas permitíronlle deixar testemuño de vidas, persoas, épocas e mudanzas. A súa busca de coñecemento, de formación, de innovar e mellorar o seu traballo, estudando, aprendendo e descubrindo as últimas tecnoloxías que existían no mundo da súa profesión, fixeron de Mary unha muller con emprendemento; algo nada novo nese Vigo da segunda metade do século XX.

Galego

Encontros para a Normalización Lingüística de 2015

Os Encontros para a Normalización Lingüística de 2015, fieis á motivación inicial e ao rumbo seguido na súa xa longa tradición, van centrar a súa XVII edición nos debates actuais e nos dilemas que presenta a situación sociolingüística do galego.

Por iso terán un papel central os distintos traballos de pesquisa e análises de datos que se están desenvolvendo arredor da mocidade e os seus comportamentos lingüísticos. Coñecer os aspectos que determinan os seus usos e actitudes co obxecto de crear contidos demandados por eles e deseñar estratexias acordes co obxectivo normalizador.

Galego

Xornadas Arredor da Música Tradicional

Unha cita chea de contidos na que intervirán músicos, etnomusicólogos e estudosos da música tradicional chegados dende distintos puntos do mundo que nos ofrecerán conferencias, presentacións de traballos, concertos,... Desde a AGG continuase a apostar por este tipo de accións divulgativas, creando oportunidades para coñecer máis a fondo a nosa música tradicional e a de outros lugares.
A Xornada terá o seguinte programa: 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Xornada/Congreso