Poemaria 2016
Dirixido por Keith Payne e Patricia Sánchez, impúlsase unha nova proposta cuxo primeiro obxectivo é converterse en plataforma para o recoñecemento das mulleres na poesía e visibilizar a súa faceta creativa. Neste sentido, Vigo acollerá a editoras e poetas indispensables, como Chus Pato, Míriam Reyes e Ana Gorría.

