Os arquivos e a información nos medios sociais
A Secretaría Xeral de Cultura, a través da Subdirección Xeral de Arquivos, convoca o curso “Os arquivos e a información nos medios sociais” que se impartirá os días 3 e 4 de outubro na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, na sala 1 do edificio da Biblioteca e do Arquivo de Galicia.