Rosalíate
Homenaxe con poesía e participación de Afra Torrado, Antón Blanco, Iria Alejandra Pazos, Lucía Novas, Malvares de Moscoso, Genaro da Silva, Pablo Rodríguez e Tamara Andrés. Completa esta homenaxe o concerto poético de CintaAdhesiva.

Homenaxe con poesía e participación de Afra Torrado, Antón Blanco, Iria Alejandra Pazos, Lucía Novas, Malvares de Moscoso, Genaro da Silva, Pablo Rodríguez e Tamara Andrés. Completa esta homenaxe o concerto poético de CintaAdhesiva.
Tentativas críticas. Programa:
6 de maio11:00 h
Global e local. Territorio e poder
J. A. Álvarez Reyes, Javier Hontoria, María Virginia Jaua
Modera: Pedro de Llano Neira
Centro e periferia. Global e local. Non só realidades xeográficas e sociais, senón tamén estruturas ideolóxicas e simbólicas, que poden ser utilizadas como elementos de control ou de liberación. Os valores dos poderes económicos e institucionais fronte ao coñecemento dos cidadáns das súas necesidades e do medio —ecolóxico, cultural, e simbólico— que habitan.
El Patito Editorial vén de rematar a súa colección de poesía completa de Rosalía ilustrada por artistas do país. Para conmemoralo a editora celebra durante este mes unha exposición na Galería Sargadelos de Santiago cunha escolma destes ilustradores: Fausto, Pepe Barro, Álvaro de la Vega, Manolo Figueira e Xurxo Alonso. O último libro, En las orillas del Sar, será presentado o día 21 ás 19:30 na propia Galería, nun acto poético e musical que tamén servirá para lembrar a Fran Pérez, Narf, recentemente falecido.
O Castro de Baroña é un dos xacementos máis visitados de Galicia, no que se xuntan interesantes aspectos patrimoniais, a súa temperá posta en valor e a súa localización, que lle confiren un importante valor paisaxístico.
Nos últimos anos desenvolvéronse varias campañas de reescavación do sitio, escavación de zonas novas, restauración e posta en valor, así como un importante esforzo pola súa divulgación en tempo real.
AGAPI (Asociación Galega de Produtoras Independentes) celebra unhas xornadas dedicadas ao Audiovisual.
Baixo o título Novas formas de produción trataranse temas como: Crowdfounding, Transmedia e net strategist e Branded content.
Esta xornada está subvencionada polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e conta co apoio da Fundación Cidade da Cultura, Xunta de Galicia e EGEDA (Entidad de Gestión de Derechos de los Productores Audiovisuales).
Cando Maruja Mallo regresa a Madrid despois dun longo exilio ten que inventarse de novo. O silencio impuxérase e xa ninguén lembraba aquela artista que participara da cultura emerxente e entusiasta dos anos trinta e transgredira as normas do seu tempo.
Na intervención, farase unha aproximación á biografía de Maruja Mallo coa luz da memoria, atopándonos cunha muller cunha poderosa capacidade de crear, irreverente, valente, atrevida e moderna e comprometida cos ideais de liberdade que a levaron ao exilio e que se reflicten na súa propia obra.
Homenaxe a Manuel María é un recoñecemento que lle realiza O Galo Asociación cultural ao poeta da Terra Chá. No acto entregarase a Saleta Goi (viúva do homenaxeado e presidenta da Fundación Manuel María) e á Casa-Museo Manuel María un cartafol artístico da autoría do pintor Nolo Suárez, actualmente vicepresidente da Agrupación Cultural Galo. Por outra banda, Alberte Ansede, secretario da Fundación Manuel María, falará sobre o legado do poeta da Terra Chá e tamén se proxectará un audiovisual sobre a súa vida.
A cultura galega está no mundo con voz propia. A súa proxección ten cada vez máis nodos de conexión na sociedade rede e as súas manifestacións merecen múltiples visións e interpretacións. Pero unha sociedade enredada, en constante cambio e marcada por grandes transformacións, esixe periódicas reflexións que nos permitan analizar o que facemos e como estamos no mundo, neste caso a partir da ollada de profesionais que viven e traballan lonxe da terra onde naceron.
Sentida homenaxe ao mestre e escritor Agustín Fernández Paz.
Na gala proxectaranse diferentes partes dun documental sobre as súas vivencias na zona de Ferrolterra e haberá actuacións musicais da man de Guadi Galego, María Manuela, Xabier Díaz, BellónMaceiras, Mini e Mero, Miro Casabella e A banda da Loba.
O congreso, en cuxa organización colabora o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades da Secretaría Xeral de Política Lingüística, inclúe relatorios impartidos por máis de 60 especialistas de referencia no ámbito internacional e comunicacións do persoal investigador das áreas dos estudos literarios, históricos ou filosóficos, que darán a coñecer as últimas novidades sobre a materia dende unha perspectiva transversal.