Xornada/Congreso

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Semana Galega de Filosofía 2017

Aula Castelao de Filosofía presenta un ano máis unha nova edición da Semana Galega de Filosofía, desta vez baixo a epígrafe de “Filosofía e Saúde”..

Como en anos anteriores, a asistencia á SGF poderá ser certificada como formación do profesorado (20 horas) e como 1 crédito ECTS.

Xa está aberto o prazo de inscrición, péchase o 16 de abril de 207. A matrícula, aquí.

Galego

Nexos: Maruja Mallo e a xeometría do signo

O 1 de abril celébrase o Día das Artes Galegas, este ano dedicado a Maruja Mallo. Maruja Mallo (Viveiro, 1902; Madrid, 1995) foi a artista galega máis destacada do último século. A única a quen Ortega y Gasset organizou unha exposición na sede de Revista de Occidente. Das contadas pintoras da vangarda a quen André Breton e o Museo Nacional de Arte Moderno de Francia lle compraron obra na década dos trinta. Daquelas pioneiras que racharon os teitos de cristal para afirmar á nova muller, dona de seu.

Galego

Conversas Nortear

O escritor portugués Valter Hugo Mãe e a autora galega Inma López Silva participan na quinta sesión da iniciativa Conversas Nortear. Lara Dopazo Ruibal, gañadora da 1ª edición do Premio Literario Nortear, será a moderadora deste encontro.

As Conversas Nortear son unha iniciativa conxunta da Dirección Rexional de Cultura do Norte, da Xunta da Galicia e da Agrupación Europea de Cooperación Territorial da Eurorexión Galicia-Norte de Portugal, no ámbito do Memorando de Entendemento celebrado entre as tres entidades.

Galego

Feiras do Libro de Galicia en Lugo

As Feiras do Libro de Galicia continúan a súa andaina por Lugo onde sacará pola súas rúas novidades editoriais, recitais, música e outras actividades nas que nunca faltan as presentacións por parte das autoras e autores galegos cos seus últimos traballos, o que supón unha oportunidade de encontro para as lectores e lectores.

Máis información, aquí.

 

Galego

Feiras do Libro de Galicia en Santiago de Compostela

As Feiras do Libro de Galicia continúan a súa andaina pola capital galega, onde sacará pola súas rúas novidades editoriais, recitais, música e outras actividades nas que nunca faltan as presentacións por parte das autoras e autores galegos cos seus últimos traballos, o que supón unha oportunidade de encontro para as lectores e lectores.

Máis información, aquí.

 

Galego

Feiras do Libro de Galicia en Verín

As Feiras do Libro de Galicia comenzan a súa primeira andaina en Verín, onde sacarán pola súas rúas novidades editoriais, recitais, música e outras actividades nas que nunca faltan as presentacións por parte das autoras e autores galegos cos seus últimos traballos, o que supón unha oportunidade de encontro para as lectores e os lectores.

Máis información, aquí.

 

Galego

Que se agocha tras o pano?

O Centro Dramático Galego (CDG) compartirá coa cidadanía a celebración do Día Mundial do Teatro, que terá lugar o vindeiro luns 27 de marzo, cunha xornada de portas abertas na súa sede do Salón Teatro, en Santiago. Esta acción divulgativa busca achegarlle ao público tanto a historia deste edificio da zona monumental de Compostela, como as engrenaxes que se poñen en marcha tras o pano cara á escenificación dun espectáculo.

Galego

Día da Poesía

Actividade para celebrar o Día da Poesía no que participan cinco poetas que lerán poemas do escritor Miguel Hernández, a quen a Comisión de Cultura do Congreso dos Deputados decidiu dedicar o Día da Poesía este ano. Os poetas que participarán serán María do Cebreiro, Rosalía Fernández, Helena Villar Janeiro, Xesús Rábade e Alba Cid.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Xornada/Congreso