Xornada/Congreso

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Feiras do Libro de Galicia en Ribeira

As Feiras do Libro de Galicia continúan a súa andaina por concellos e vilas galegos. Nesta ocasión, en Ribeira, onde sacará pola súas rúas novidades editoriais, recitais, música e outras actividades nas que nunca faltan as presentacións por parte das autoras e autores galegos cos seus últimos traballos, o que supón unha oportunidade de encontro para as lectores e lectores.

Máis información, aquí.

 

Galego

Feiras do Libro de Galicia en Redondela

As Feiras do Libro de Galicia continúan a súa andaina por concellos e vilas galegos. Nesta ocasión, en Redondela, onde sacará pola súas rúas novidades editoriais, recitais, música e outras actividades nas que nunca faltan as presentacións por parte das autoras e autores galegos cos seus últimos traballos, o que supón unha oportunidade de encontro para as lectores e lectores.

Máis información, aquí.

 

Galego

Dixitalización de arquivos: tendencias, procesos e plans de execución

Esta xornada ten como obxectivo prioritario analizar a evolución dos procesos de dixitalización dos arquivos nos últimos anos e coñecer as tendencias actuais, así como as oportunidades que hai non só para preservar mellor os fondos, senón para difundilos e poñelos accesibles á cidadanía.

Algunhas das tendencias e plans de execución serán expostos para situar o escenario da memoria dixital, tanto no plano conceptual como nos principais plans que están actualmente en execución.

Participan Mercedes Caridad, Jesús Robledano, Ernest Abadal e Javier Leiva Aguilera.

Galego

Conecta Fiction

Setenta proxectos de series e miniseries televisivas de América Latina, Europa e Estados Unidos responderon á convocatoria de Conecta Fiction, encontro internacional de coprodución que ten lugar en na capital galega do 21 ao 23 de xuño, para a selección das 10 propostas que serán presentadas nas súas sesións pitching.

Galego

Xornada de portas abertas

O obxectivo destas xornadas co gallo do Día Internacional dos Arquivos é dar a coñecer ó Arquivo de Galicia á cidadanía mediante un percorrido polas súas instalacións e unha explicación dos documentos que nel se conservan co apoio dunha representativa mostra documental.

Galego

Por un amor común. Homenaxe a Francisco Cortegoso

Amigos, xente achegada a Francisco Cortegoso, queren sumarse ás homenaxes realizadas na Coruña, Vigo e Compostela para celebrar a obra do poeta na cidade que o viu nacer. Autor de ‘Memorial e danza’ (Espiral Maior, 2014) e ‘Suicidas’ (Chan da Pólvora, 2016), a obra de Francisco Cortegoso supón un dos máis ambiciosos e orixinais exercicios de escrita poética da literatura galega última. Unha escritura que dá en explorar as estremas do lírico para concibir o poema como materia que acontece.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Xornada/Congreso