Xornada/Congreso

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

XVII Aniversario: Muralla de Lugo, Patrimonio da Humanidade

A Xunta de Galicia celebrará o XVII Aniversario da declaración da Muralla de Lugo como Patrimonio da Humanidade cun programa de actos que se desenvolverán durante a mañá do sábado, día 2 de decembro, na sede da Delegación Territorial.

12h: inauguración da mostra fotográfica Operación Muralla limpa. 1972, organizada polo Arquivo Histórico Provincial. Na sala de exposicións da sede da Delegación Territorial.

Galego

A Publicación en Revistas Científicas de Artes, Humanidades e Ciencias Sociais na Sociedade do Coñecemento

Dirixido a aqueles profesionais de perfil investigador, este curso asentará cal é o estado actual da publicación científica en España en relación co panorama internacional. Os diferentes poñentes intentarán mostrar cales son as mellores fórmulas para elaborar unha boa estratexia de publicación en revistas académicas. Por tanto, os destinatarios son todos aqueles profesionais que queiran coñecer como funciona actualmente a publicación científica na sociedade do coñecemento para usalo en beneficio da súa carreira profesional. 

Galego

Simposio Carlos Casares

 A Real Academia Galega celebra o Simposio Carlos Casares. As tres xornadas contarán coas achegas arredor da vida e da obra do protagonista do Día das Letras Galegas 2017 de dezaseis especialistas, aos que se poderá escoitar nas mesas redondas e conferencias coas que descubrir a figura de Casares.

Entrada libre e inscrición gratuíta.

Galego

II Xornadas da Música: Boiro, Territorio Musical

As II Xornadas da Música “Boiro, Territorio Musical” volven un ano máis, organizadas polo departamento de Cultura de Concello de Boiro, dentro do proxecto República Creativa.

A segunda edición destas xornadas xorde como consecuencia da realidade musical local vivida durante o último ano no municipio. Son un encontro no que reflexionar, intercambiar experiencias e promover accións formativas específicas baseadas no potencial local. Se celebrarán no salón de actos do Centro Social de Boiro.

Galego

VII Xornadas Romasanta

A muller e a súa vida durante o século XIX serán as protagonistas da VII Xornadas Romasanta. A doutora en dereito Natalia Pérez Rivas falará sobre o tratamento penal da muller durante a época e a catedrática de filosofía Carme Aldán abordará cuestións de xerarquía de xénero. 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Xornada/Congreso