Xornada/Congreso

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Gropu Gropu

O Liceo Mutante organiza esta xornada de autoedición na que haberá un mercado de fanzines, tebeos, láminas, camisas, concertos, unha rifa final e pode que algunha actividade sorpresa. 

Galego

60 aniversario Enrique X. Macías (1958-1995)

Dentro da programación das Xornadas de música contemporánea, o luns día 25 lembrarase o 60 aniversario do nacemento en Vigo do compositor Enrique X. Macías, quen finou en 1995 aos 37 anos. En primeiro lugar haberá unha charla co título Macías e Portugal. Unha ollada próxima, na que participarán Manolo Romón, actor, presentador e escritor; Pedro Amaral, compositor e director de orquestra; Javier Macías, irmán de Enrique X. Macías; e como moderador, Paco Yáñez, crítico de mundoclásico. 

Galego

Día Internacional dos Arquivos 2018

Haberá distintas actividades:

- Xornadas de portas abertas: os días 7 e 8 de xuño, ás 12 h, realizaranse visitas guiadas e mostra de documentos 

- Conferencia e velada musical: o venres 8 de xuño, a partir das 19 h. A conferencia, impartida por Ernesto Vázquez-Rey, titúlase A testamentaría das irmás Mendoza Babiano, e acompañarase dunha mostra de documentos sobre o tema. Para rematar, como todos os anos, haberá unha velada musical coa participación da acordeonista Nerea Rodríguez e a violoncellista Alba Reirís. 

Galego

Arquitecturas esvaecidas

As xornadas queren mostrar de xeito moi preciso o interese que as distintas fontes gráficas de carácter histórico conservadas —planos, debuxos, gravados, pinturas, fotografías, cine, etc.— teñen tanto para coñecer e estudar o patrimonio arquitectónico ou urbano que desapareceu, como tamén, para recuperalo, pois grazas ás reconstrucións virtuais contemporáneas é posible achegarse a el dun xeito máis crible, próximo e realista.  

Galego

Ciclo sobre Eloy Luis André

A Biblioteca de Verín e o concello da vila organizan o ciclo sobre Eloy Luis André, unha serie de xornadas no mes de xuño centradas na figura do intelectual e filósofo nacido na parroquia de Mourazos, no mesmo municipio. 

 

Programa

7 de xuño, 19.30 horas: Inauguración da exposición temática dedicada a Eloy Luis André. Presentarase o libro que acompaña a exposición. A mostra poderase visitar ata finais de agosto.

8 de xuño, 19.30 horas: O civismo como paixón. Conferencia de Xosé Ramón Soto.

Galego

Prensa histórica e xeración de coñecemento: do papel ao dixital

A Biblioteca de Galicia acolle a xornada Prensa histórica e xeración de coñecemento: do papel ao dixital. Esta serie de conferencias e mesas redondas están dirixidas a persoal técnico de bibliotecas e arquivos, a investigadores e público en xeral interesados na prensa histórica como fonte de información. 

A conferencia inaugural estará a cargo do profesor da Universidade de Santiago de Compostela Xosé Luís Barreiro Rivas, e o encontro contará con destacados relatores do mundo do xornalismo e a universidade, así como técnicos das bibliotecas.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Xornada/Congreso