Londres cidade okupada: unha charla con Richard Dudanski e Esperanza Romero
Dous anos antes da explosión punk, Richard Dudanski (Illa de Sheppey, 1952) tocaba con Joe Strummer en The 101'ers, un grupo xurdido das dilapidadas casas okupas do oeste de Londres. O seu libro de memorias, Londres Ciudad Okupada, é un relato das súas experiencias coas múltiples bandas con que tocou na escena alternativa da música no Londres dos 70 e 80, incluíndo Public Image Ltd, Basement 5, The Raincoats, Tesco Bombers e moitas outras formacións.

