Xornada/Congreso

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Homenaxe a Saco Arce

O Seminario de Gramática da Real Academia Galega celebra no IES Otero Pedrayo de Ourense unha homenaxe a Juan Antonio Saco Arce co gallo do 150 aniversario da publicación da 'Gramática gallega', a primeira gramática da nosa lingua.

O acto terá lugar tras a inauguración no mesmo instituto, ás 13:00 horas, da exposición 150 aniversario da Gramática gallega de J. Antonio Saco Arce.

Galego

II Xornadas de Novela Histórica

O escritor Santiago Posteguillo,  Premio Planeta, será un dos participantes nas II Xornadas de Novela Histórica da Biblioteca do Concello de Verín. Posteguillo participará na mesa redonda sobre novelas históricas sobre a Hispania romana, na que participarán tamén Margarita Torres, escritora e profesora titular de Historia Medieval da Universidade de León, e Francisco Narla, escritor.

Galego

Urbtopías

Urbtopía quere ser un punto de encontro, debate e reflexión sobre o futuro dos espazos e sobre as cidades posibles. Nos diferentes encontros serán abordados diferentes temas: as transformacións urbanas e o seu impacto na calidade de vida, a cultura como motor para as cidades, os valores, as perspectivas de xénero aplicadas á transformación das urbes ou os casos prácticos, como o de Pontevedra. 

Galego

Fugas e interferencias

Organizado pola Universidade de Vigo en colaboración co CGAC, o obxectivo fundamental deste congreso centrarase na análise e reflexión sobre os novos comportamentos da arte de acción, tanto desde a práctica como desde a reflexión teórica.

Na súa terceira edición, o evento terá lugar do 29 de novembro ao 1 de decembro de 2018 na Casa das Campás (Pontevedra) e no CGAC (Santiago de Compostela). 

Galego

I Xornadas profesionais das librarías de Galicia

A Biblioteca de Galicia acolle a celebración das primeiras Xornadas profesionais das librarías de Galicia. O evento está estruturado nunha serie de charlas e conferencias, que abordan distintos aspectos do negocio. 

 

Programa

 

9:30-9:45 Acreditación

9:45-9:50  Apertura da Presidenta

9:50-10:45 Check-lists da túa libraría (LOPD, Medio ambiente, Factura da luz, …..). Sol Vázquez Abeal. Directora Xeral de Comercio e Consumo.

Galego

Poesía, a luz apagada?

A Asociación Galega de Editoras celebra o XV Simposio O libro e a lectura, desta volta, baixo o lema Poesía, a luz apagada? A edición deste ano terá lugar os días 15 e 16 novembro 2018, no auditorio do Consello da Cultura Galega, en Santiago de Compostela.

O programa contará con dúas mesas redondas, dúas conferencias, un panel de experiencias, unha actuación-performance e un recital poético.

Galego

Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural: In situ

O programa IN SITU pretende crear outros lugares de reflexión fóra do habitual espazo dos Encontros, trasladando o espazo de debate ao contexto xeográfico e social dos bens. A elección dos conxuntos históricos onde se van desenvolver os Encontros (Vigo, Ferrol, Ourense-Ribadavia) pretende mostrar a diversidade das situacións nas que se atopan e introducir no debate os aspectos complexos do debate arredor da protección patrimonial da cidade histórica.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Xornada/Congreso