Xornada/Congreso

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Por un amor común. Homenaxe a Francisco Cortegoso

Amigos, xente achegada a Francisco Cortegoso, queren sumarse ás homenaxes realizadas na Coruña, Vigo e Compostela para celebrar a obra do poeta na cidade que o viu nacer. Autor de ‘Memorial e danza’ (Espiral Maior, 2014) e ‘Suicidas’ (Chan da Pólvora, 2016), a obra de Francisco Cortegoso supón un dos máis ambiciosos e orixinais exercicios de escrita poética da literatura galega última. Unha escritura que dá en explorar as estremas do lírico para concibir o poema como materia que acontece.

Galego

DIM no Marco

Como cada ano dende 1977, o ICOM (Consello Internacional de Museos) convida aos museos do mundo enteiro a celebrar o 18 de maio o Día Internacional do Museo, creado para promover o interese xeral pola xestión e as actividades dos museos e centros de arte.

Galego

II Lecturas Poéticas en Fonseca. Homenaxe a Fran Cortegoso

Para conmemorar o Mes das Letras Galegas, a Facultade de Filoloxía da USC organiza a II edición das Lecturas poéticas en Fonseca que nesta ocasión renderán homenaxe ao poeta falecido hai menos dun ano Fran Cortegoso, que foi estudante de Filoloxía Galega.

As ‘Lecturas poéticas en Fonseca’ naceron coa vontade de consolidar a comunidade de escritores e lectores vinculados á universidade. Nesta edición contará coa presenza de voces recoñecidas da literatura galega contemporánea, que lerán poemas propios e do poeta homenaxeado.

Galego

O patrimonio compartido? Colaboración aberta e institucións da memoria

Baixo o título O patrimonio compartido? Colaboración aberta e institucións da memoria, estas xornadas pretenden abordar algunhas das cuestións esenciais que esta modalidade de traballo voluntario, habitualmente gratuíto, masivo, comunitario e anónimo suscita para a xestión futura das nosas institucións e do patrimonio cultural que custodian.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Xornada/Congreso