Xornada/Congreso

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Congreso Internacional do Órgano Hispano

No marco deste encontro terá lugar a presentación do catálogo ‘O órgano na Arquidiocese de Santiago’. Trátase dunha obra impulsada polo departamento de música da Arquidiocese e publicada co apoio da Consellería de Cultura e Educación que reúne os máis de 40 órganos existentes no territorio que abrangue o arcebispado compostelán e que nace como o punto de partida para un futuro plan director de rehabilitación e uso deste instrumento.

Galego

O patrimonio musical en Galicia: Os órganos

Coordinado por Enrique Jiménez, o encontro contará coa presenza de Oscar Valado Domínguez, director do Departamento de Música Sacra da Arquidiocese de Santiago de Compostela; Roberto Fresco, organista da Catedral de Santa María la Real da Almudena de Madrid e profesor de Órgano do Centro Superior Katarina Gurska de Madrid; Iago Seara, arquitecto, e Mª Soledad Mendive Zabaldica, profesora de órgano do Conservatorio de Ourense.

Galego

O aforismo e a beleza da síntese

Desde tempos inmemoriais o pensamento dos pobos transitou en pequenos enunciados que sintetizaban os saberes e as crenzas constitutivas da comunidade. Proverbios, refráns, máximas ou sentencias foron ferramentas ao servizo da transmisión do coñecemento. O aforismo, do grego “definir”, é aquela variante que concilia poesía e reflexión filosófica, fondura con precisión e beleza. Intelectuais de diferentes épocas, culturas e xeografías empregárono como vehículo de expresión: de Heráclito a Nietzsche ou Ciorán, de Confucio a Pessoa ou Sánchez Ferlosio.

Galego

Vídeo-poemas Rosalíate

A Universidade de Vigo convida, dende o Campus de Ourense, a que os membros da súa comunidade universitaria transmitan a importancia da figura de Rosalía de Castro a través de pequenas gravacións de vídeo de 20 segundos na que se recite un pequeno fragmento ou estrofa dalgún poema da autora. Un xurado nomeado pola Vicerreitoría do Campus de Ourense seleccionará os traballos pola súa calidade, orixinalidade e capacidade para visualizar as partes da obra de Rosalía menos populares. Os premios consistirán en lotes de libros, de discos e de elementos publicitarios do campus de Ourense.

Galego

Celebración do 180 aniversario de Rosalía

Homenaxe a Rosalía polo 180 aniversario do seu nacemento en Padrón cunha homenaxe que comeza na estatua do espolón e paseo polas rúas co Caldo de Gloria ás 13 horas. Pola tarde, proxectarase o filme gañador de Curtas para Rosalía 2016 e celebrarse un concerto de Ialma. A tarde de homenaxe remata coa preparación de degustación dun Caldo de Gloria na Casa de Rosalía e posterior foliada polas rúas de Padrón.

Máis información, aquí.

 

 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Xornada/Congreso