A literatura infantil e xuvenil. Relacións texto-imaxe
O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria; o Instituto de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega organizan este curso dirixido a mestres, profesorado de ensino secundario e a calquera persoa interesada no tema.

