Xornada/Congreso

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Ourense ICC Week 2016

A Semana das Industrias Culturais e Creativas en Ourense, é un encontro que se celebrará, en diferentes cidades e vilas da provincia de Ourense, entre os días 10 e 14 de maio de 2016.

ICCWEEK é moito máis que unha feira profesional. É un acontecemento transversal na cultura e industria creativa: Radio, Cine, Tv, Industria Musical, Novas Tendencias Tecnolóxicas, Apps, Video- xogos.
Speedmeetings, relatorios, charlas, entrevistas, showcases, vertebrarán un programa repleto de actividades que poñerán en valor a actividade económica dun sector clave na Europa do século 21.

Galego

Xornadas sobre cinema, viño e cultura

Na primeira sesión das Xornadas sobre Cinema, Viño e Cultura tentarase de subliñar o elevado poder de evocación que ten un bo viño, posto que como apuntaba cÁlvaro Cunqueiro, non se bebe para olvidar -como adoita rezar o tópico da desventura- senón para recordar. Os comentarios do condutor da sesión, Xavier Castro, darán conta dos gustos predominantes en materia de viños e das claves esenciais dos creadores que se deron cita naquel Bos Aires da primeira metade do século XX, e haberanse de mesturar coas achegas do adegueiro de Terra de Asorei que presentará os viños que se terán de catar nes

Galego

A poesía de María

Baixo a dirección de Lino Braxe, as actrices Sabela Hermida, Rebeca Montero, Amalia Gómez e Manuela Varela recitarán, con acompañamento musical, unha escolma de poemas que marcaron a María Casares, quen cada 25 de xullo lía na radio francesa poesías que lembraban as súas orixes.

Na selección deste recital atópanse versos de Luís Seoane, Rosalía de Castro, Curros, Lorca, Rafael Alberti, Yeats ou Rimbaud, entre outros.

Galego

Voces dun retrato

O coloquio ‘María Casares. Voces dun retrato’ ten lugar na biblioteca da Casa Museo Casares Quiroga, dentro das actividades coas que a Asociación de Actores e Actrices homenaxea a María Casares no 20 aniversario de seu pasamento.

Nel interveñen o historiador Emilio Grandío, a xornalista Arancha Estévez –autora da primeira biografía en galego da actriz– e a investigadora María Lopo, quen recompilou a correspondencia entre María Casares e o seu pai, o político republicano Santiago Casares Quiroga, no volume ‘Cartas no exilio’.

Galego

Encontros monográficos co patrimonio cultural 4: Museo das Peregrinacións

Este é o cuarto encontro dunha actividade organizada pola Sección de Patrimonio e Bens Culturais do Consello da Cultura Galega, os Encontros monográficos co Patrimonio cultural, coa que se pretende dar difusión a proxectos relacionados co patrimonio cultural que se estean desenvolvendo en Galicia e que poidan ser de interese polo seu alcance, resultados, singularidade, repercusión pública ou pola entidade patrimonial dos elementos sobre os que se focalicen os proxectos. O obxectivo da actividade é tamén o debate sobre eles, que dea lugar unha actividade participativa.

Galego

Nerdnite - Marzo

Por cuarto ano consecutivo o CGAC colabora coa Universidade de Santiago de Compostela no desenvolvemento das nerd nites, que se desenvolven na Cantina do CGAC.

Ao longo destas noites tan especiais, os convidados falan co público das disciplinas que os apaixonan nun ton distendido e fóra do ámbito académico. Son conversas sobre literatura, política, medicina, matemáticas, bioloxía, arte… que teñen como premisa a sinxeleza de conceptos e de contidos.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Xornada/Congreso