Xornada/Congreso

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Encontros monográficos co patrimonio cultural

Comprender o Camiño de Santiago na súa totalidade, onde importan tanto peregrinos como habitantes de Compostela, é unha das orientacións do proxecto que o grupo de Estudos da Cultura Galabra presenta no marco dos “Encontros monográficos co Patrimonio Cultural”. Esta iniciativa da Sección de Patrimonio e Bens Culturais do Consello da Cultura Galega busca xerar debate e difusión entre a cidadanía, as administracións e os profesionais arredor de bens patrimoniais sobre os que se estean a desenvolver actuacións. 

Galego

Poetas di(n) versos

POETAS DI(N)VERSOS segue a demostrar a súa solidez, excelencia e boa saúde renovando a súa vitalidade a través dos anos. A coidada programación poética da Concellaría de Cultura da Coruña volve por oitavo ano con novas citas mensuais que reunirán poetas de Galicia e do mundo en encontros abertos e gratuítos. O único ciclo estable que inclúe poetas internacionais de xeito regular en toda España, regresa así ao centro Ágora 

Galego

Poetas di(n) versos

POETAS DI(N)VERSOS segue a demostrar a súa solidez, excelencia e boa saúde renovando a súa vitalidade a través dos anos. A coidada programación poética da Concellaría de Cultura da Coruña volve por oitavo ano con novas citas mensuais que reunirán poetas de Galicia e do mundo en encontros abertos e gratuítos. O único ciclo estable que inclúe poetas internacionais de xeito regular en toda España, regresa así ao centro Ágora 

Galego

A ollada da dignidade

Juan Manuel Bonet, un dos nomes máis sólidos da crítica artística en España, xunto a Xosé Luis Suárez Canal e Manuel Sendón, referencias na investigación da fotografía galega e comisarios da mostra, analizarán a obra de Suárez e revisarán unha biografía na que se atopan moitas claves do seu traballo. Alfonso Penela, representante da arquitectura galega máis contemporánea, explicará nun percorrido pola exposición José Suárez.

Galego

A hostia en verso

Para celebramos estas festas e despedir este 2015, a Fundación Rosalía de Castro celebra un "combate poético" entre a banda de Laíño e a banda de Lestrobe, no que participan as e os poetas María Lado, Lucía Aldao, Xabier Xil Xardón, Daniel Landesa e Edu Estévez.

Galego

Filgueira Valverde na cultura galega do século XX

O Seminario de Estudos Galegos, o Instituto Padre Sarmiento e o Consello da Cultura Galega... Xosé Filgueira Valverde estivo implicado tanto na construción como na reactivación de entidades culturais nun momento tan relevante como foi o da construción da autonomía. Disto falarase na segunda xornada "Figueira Valverde na Cultura galega do século XX" que acolle o Consello da Cultura Galega, que comezou o 10 de novembro no Museo de Pontevedra e continúa o 26 de novembro na sede da Real Academia Galega e o 27 de novembro na Fundación Barrié, ambas dúas na Coruña.

Galego

I Encontro Performance Cuarto público

Xornada de acción artística que conta coa realización de dúas performance premiadas, a partir dunha convocatoria aberta e unha clase maxistral dunha artista de recoñecido prestixio internacional: Alicia Framis.

Este encontro conta co patrocinio da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, e coa colaboración do NH Collection Santiago (que en marzo acolle unha nova edición da feira), ademáis do apoio do Centro Galego de Arte Contemporánea.

Galego

Vento mareiro

A Real Academia Galega colaborando co Concello de Cambados réndenlle homenaxe á obra de Ramón Cabanillas Vento mareiro, no primeiro centenario da súa publicación, na vila natal do escritor.

Relatorios:

Galego

Xornadas de portas abertas no Museo das Peregrinacións e de Santiago

O Museo das Peregrinacións e de Santiago comeza unhas xornadas de portas abertas durante as que se poderá visitar de balde a sede de Praterías de Peregrinacións. Os visitantes poderán comprobar o resultado dun proxecto museográfico que reforza e clarifica o discurso expositivo e a posta en valor das pezas amosadas neste centro de titularidade estatal e xestión autonómica.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Xornada/Congreso