Encontros monográficos co patrimonio cultural 8
Monumenta, andar con arte é un programa de actividades culturais que se desenvolve ao redor da acción de camiñar e da experiencia da andaina como o mellor e o máis antigo dos xeitos de explorar e de vivir o territorio. Con este novo horizonte, Monumenta avanza un paso máis á hora de mostrar, difundir e contar o noso patrimonio material —igrexas, castros e outros monumentos e lugares históricos— desde as achegas do patrimonio inmaterial, que é a raíz do seu significado.

