Id’ a San Momed’. Xornadas de poesía e mar
As xornadas, que xirarán en torno á vinculación entre a poesía e o mar, suman un total de 18 actividades de diversa índole como relatorios, presentacións, recitais, obradoiros, venda de libros, regueifas, música…
O acceso será gratuíto e sen necesidade de inscrición agás para os obradoiros poéticos, impartidos por Míriam Ferradáns e Antía Otero, nos que é preciso inscribirse antes do 10 de xuño ás 23:59 h no enderezo oarquivodastrasnas@gmail.com