Xornada/Congreso

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Combatir o argumentario feminista

Versa sobre estratexias de comunicación e diálogo., conceptos teóricos feministas e inclúe a creación de viñetas de humor. Terá lugar o 27 de marzo e vai dirixido a mozos e mozos entre 15 e 35 anos.

O concelleiro de Mocidade de Pontevedra, Alberto Oubiña, presentou esta mañá a programación de Xuventude en Rede coa que, segundo explicou, se reformula a maneira de traballar co obxectivo de adaptarnos mellor aos tempos que corren e procurando ofrecer unha maior e mellor oferta de entretemento e formación para a mocidade.

Galego

Dia Internacional da Muller en Carballo 2021

O acto central do 8 M será a concentración telemática que se celebrará  ás 20.00 horas a través da plataforma www.carballoenrede.com. A partir das 20.00 horas todas as persoas que o desexen, desde calquera lugar do mundo, poderán conectarse desde o computador ou o teléfono móbil para mostrar o seu compromiso coa igualdade.

Como participar?

Pódese participar directamente desde esa dirección web ou utilizando os banners de acceso que están dispoñibles na páxina web do Concello de Carballo e na edición dixital de La Voz de Galicia.

Galego

Sons de mulleres

Actividade organizada pola Concellería de Igualdade do Concello de Vigo, en colaboración co Consello Municipal dá Muller, integrada no programa de actos e actividades con motivo da conmemoración do 8 de marzo, "Día Internacional das Mulleres"

Galego

V Ciclo de Xornadas de Industrias Musicais

A Xunta de Galicia e a Fundación Paideia Galiza organizan o V Ciclo de Xornadas de Industrias Musicais baixo o título 'Amplificando o directo: novos escenarios na contorna dixital'. As citas, programadas para os sábados 13 de marzo, 17 de abril e 8 de maio, abordarán as posibilidades dos medios dixitais para o desenvolvemento das carreiras de artistas que emprenden no sector musical.

Galego

Xornadas de danza e artes vivas en Galicia: a cultura (plural) é un dereito

Estas Xornadas poñen o foco na situación da danza e as artes vivas en Galicia, máis concretamente, na posta en valor da pluralidade de expresións artísticas e procesuais que vén caracterizando á súa comunidade, co obxectivo de axudar a situar tal pluralidade nos espazos escénicos e culturais galegos, onde aínda non atopa unha presenza regular nin unha capacidade de intervención estable.

Galego

IX Xornadas sobre o entroido de Galiza

Neste ano 2021 no que a pandemia da Covid 19 e as súas medidas sanitarias fan imposible a celebración do Entroido tal e como é concebido, e no que os actos culturais e públicos vense reducidos para garantir a seguridade da poboación, a Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) vese obrigada a cancelar as súas xornadas anuais e presenciais sobre o Entroido de Galiza.

Galego

VI Xornadas Lacónicas

Os coruñeses e coruñesas poderán degustar nas súas casas os tradicionais menús de Entroido grazas ás Lacónicas, VI Xornadas gastronómicas do Lacón con Grelos que se reinventan con servizo a domicilio e de recollida en local.

As xornadas Lacónicas consolídanse como unhas xornadas distintas e singulares á programación habitual de eventos gastronómicos do Consorcio de Turismo da Coruña, xa

Galego

Congreso Internacional de Animación, Efectos Visuais e Novos Media

Mundos Dixitais organiza un Congreso Internacional de Animación, VFX, e Novos Media no que se dan cita algúns dos mellores profesionais da industria dos contidos dixitais, artistas, estudantes e persoas interesadas no mundo dos gráficos por computador para descubrir, debater e facer networking.

O Congreso levará a cabo entre o 08 de xullo de 2021 e o 10 de xullo de 2021 no Palexco.

Aqueles que xa adquirisen as entradas para Mundos Dixitais 2020 poden mantela para Mundos Dixitais 2021 ou solicitar o reembolso.

Galego

O barón Thyssen-Bornemisza e a pintura norteamericana I

Co fin de achegar a figura do barón como coleccionista, o Museo Nacional Thyssen-Bornemisza de Madrir, organiza unha serie de charlas-coloquio de forma online, moderadas sempre por unha educadora do museo, que pretenden fomentar o debate ao redor dunha selección de dez obras de lacolección permanente do museo. Trataranse tamén outros temas transversais e comúns.

Todas as visitas son desenvolvidas polas educadoras e educadores do museo en español.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Xornada/Congreso