Xornada/Congreso

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

#PrimaveraXove: Encontros formativos e networking

A biblioteca cede o espazo á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado para desenvolver o programa #PrimaveraXove, da Xunta de Galicia, que busca ofrecer espazos seguros, informais, abertos e innovadores para que as persoas mozas poidan desenvolverse persoal e profesionalmente e aprender dun xeito ameno favorecendo a convivencia e o networking.

O segundo encontro versará sobre voluntariado e acción social e contará cos seguintes relatores:

Galego

Día das Letras Galegas no Museo Liste

Como celebración do Día das Letras Galegas, adicado este ano a Xela Arias, o Museo Liste-Etnográfico de Vigo celebra unha ‘Xornada de portas abertas’, con visitas especiais guiadas e a realización de actividades. Entre a programación especial podemos atopar o seguinte:

‘Apañando verbas perdidas’: recollida de vocábulos en desuso.

Actividades para nenos: murais sobre a figura da homenaxeada de Xela Arias.

Entrega de premios dos nosos IX Concurso de Relatos para nenos/as de E.P e E.S.O e do VIII Concurso Fotográfico.

Presentación do catálogo ‘A mesa farta’.

Galego

XI Encontro de Artistas Novos: #EAN11

A Cidade da Cultura de Galicia converterase por undécimo ano consecutivo nun espazo de encontro no que creadores emerxentes terán a oportunidade de dar a coñecer os seus traballos e debater ao redor da arte contemporánea durante catro días de convivencia e intercambio de coñecementos e ideas con outros axentes culturais.  Será no XI Encontro de Artistas Novos, #EAN11, que se celebrará do 22 ao 26 de agosto de 2021 na  Cidade da Cultura de Galicia, Santiago de Compostela, coordinado unha edición máis por Rafael Doctor

Galego

III Congreso Internacional de Mediación Lectora

A que será a terceira edición leva por título “Emerxencia literaria: ler en tempos de pandemia” e terá lugar os xoves 22, 29 de abril e 6 de maio de 16:30 a 20:00 h. a través do Campus Remoto.

Contará con 150 prazas e as inscricións, de balde, xa están abertas en salondolibro.gal e para a comunidade docente, a través do CFR.

Jordi Sierra, Fran Alonso, Jaume Centelles, Mar Benegas, os proxectos Bubisher, Libros que Unen ou Contos dende Medellín formarán parte desta edición que pechará Luz Gallego “Nenuca” de Seijas.

Xoves 29 de abril

Galego

CURSO OS TEMAS DA ARTE

O Museo de Belas Artes da Coruña atesoura na súa colección obras de artistas recoñecidos que elaboraron ou elaboran as súas expresións figurativas en torno á paisaxe e ao seu tratamento como tema principal, integrando descricións xeográficas e humanas realistas ou imaxinadas, e achegando a figuración a unha lectura de proximidade e de sensibilidade. Nas súas épocas e estilos, achégannos aos nosos territorios de pertenza e asómannos a outros descoñecidos que nos abren as portas a numerosas viaxes afectivas e intelectuais.

Galego

O que non se escribe. Arquivos sonoros e creación contemporánea

Serán tres días de aprendizaxe e de experimentación sobre o noso patrimonio sonoro, unha posta en común dos proxectos máis actuais arredor da música tradicional desde unha óptica tan propia como global. Un proxecto único que pon no foco o proceso desde o máis antigo ao máis contemporáneo. O que fomos, o que somos e o que tendemos a ser como país musical.

Galego

V Edición Arteixo Activo…en femenino 2021

Esta edición reformúlase e en lugar do evento que levaba a cabo ata agora, inaugurarase unha exposición na rúa que cumpre os mesmos obxectivos:

Fai unha recompilación das mulleres homenaxeadas e recoñecidas en anteriores edicións: Isabel Naveira Ferreiro, Maribel Otero, Mª do Pilar Martínez García e as percebeiras de Rañobre.

Visibilízase a situación das mulleres en Arteixo con datos significativos e moi interesantes.

Galego

O que non se escribe: Paseo Sonoro

Dentro do programa o que non se escribe -xornadas sobre a creación contemporánea a partir de arquivos sonoros-, inclúese un paseo sonoro por diferentes puntos da cidade nos que se poderán atopar tesouros sonoros. Cada punto esconde un código QR para escanear e escoitar cos auriculares un anaco dunha recolla de música tradicional. Acompañando a cada QR, atoparemos a información do audio: a quen lle foi gravado, onde e cando foi gravado e por quen foi gravado.

Galego

I Foro de Educación- Pensando en educación

Alejandro Tiana Ferrer é doutor en Filosofía e Letras (Pedagoxía) pola Universidade Complutense de Madrid (UCM) e catedrático de Teoría e Historia da Educación na Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED). Actualmente é secretario de Estado de Educación no Ministerio de Educación e Formación Profesional do Goberno de España. Desde os anos 80 desenvolve a docencia nas áreas de Historia dos Sistemas Educativos Contemporáneos, Política e Lexislación Educativa, Educación Comparada e Avaliación da Educación.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Xornada/Congreso