Xornada Rosalía de Castro na Costa da Morte
A Fundación Rosalía de Castro e mais o Parador da Costa da Morte organizan a xornada Rosalía de Castro na Costa da Morte, no marco do Fondo de proxectos culturais Xacobeo 2021 da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. O encontro celebrarase en Muxía co obxectivo de poñer en valor a figura da escritora e o seu vencello con esta vila en particular e coa Costa da Morte, en xeral.
Programa
11.00 Rosalía e Muxía, unha relación literaria e vital, por María López Sandez

