Día da tradución na Biblioteca de Galicia | Contigo na distancia
Co gallo da celebración do Día da tradución, a Biblioteca de Galicia resérvanos este xoves, 30 de setembro, unha xornada especial na que conversaremos sobre ese traballo fermoso que é o de levar dunha lingua á outra as palabras, os matices, e os sensos que cohabitan en cada texto e cos que nos achegamos á voz da persoa que escribe.

