Conferencia/Mesa redonda

Galego
Taxonomy Imagen png: 

Filgueira: un obreiro da causa galega

O relatorio de Xesús Ferro Ruibal forma parte da segunda xornada sobre Filgueira Valverde, a quen se lle dedica o Día das Letras Galegas 2015, organizada polo Ateneo de Pontevedra.

Filgueira: un obreiro da causa galega  é o titulo do relatorio, a cargo de Xesús Ferro Ruibal, filólogo, catedrático de Latín e membro de número da Real Academia Galega.

O acto será presentado por Fernando Filgueira, médico, directivo do Ateneo de Pontevedra e fillo de Xosé Filgueira Valverde

Galego

Festival de Internacional de Cine de San Sebastión: Claves e Oportunidades

Xornada que conta como relator co director do Festival Internacional de Cine de San Sebastián, José Luís Rebordinos.

A partir das 12:00h. procederá ás reunións individuais para as que se deberá solicitar cita previamente.

 

A entrada será libre ata completar a capacidade da sala. Prégase confirmación de asistencia a través do mail audiovisual.agadic@xunta.es

 

Galego

Entrando no calendario

Entrando no calendario é unha especie de cartafol que contén títulos de conferencias arredor dunha data ou dun tema: muller, libro, paz, lingua, emigración, autor... á elección, para que a autora o expoña.

Esta actividade forma parte do programa Ler conta moito de dinamización lectora, da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Galego

Día da Ilustración - Aproximación á ilustración

O ilustrador Óscar Villán ofrece a súa perspectiva sobre o traballo de debuxantes con estilos e puntos de vista diverxentes, coa intención de mostrar o amplo abano de posibilidades que ofrece o mundo do ilustración para libros.

Esta actividade forma parte do programa Ler conta moito de dinamización lectora, da Rede Galega de Bibliotecas de Galicia e coincide coa celebración do Día da Ilustración, o 30 de xaneiro.

Galego

Unha obra literaria pide lector, unha literatura pide estado

Un cadro pide ollos que o miren, a música pide oídos que atendan, pero a literatura pide alguén que vexa o texto, que saiba ler e tamén que coñeza a lingua en que está escrito. Ao entender de Suso de Toro, as linguas precisan espazos sociais, nacionais, para existiren. E tamén a protección dun Estado, sexa un Estado que una a súa existencia á da propia lingua ou non. A lingua e a literatura galegas tiveron un estado que as protexese durante os corenta anos transcorridos desde 1975? Esa é a pregunta que pairará durante a conferencia.

Galego

Premios Nobel 2014

O ciclo está dirixido a todos os públicos e pretende dar a coñecer de maneira sinxela a obra das persoas que foron merecedoras de tal distinción. Contará coa participación de profesorado especialista da UDC que achegará o coñecemento xerado desde os ámbitos da Ciencia, a Tecnoloxía, a Literatura, a Economía e as Humanidades.

Premio Nobel de Química 2014: Eric Betzig, William Moerner e Stefan Hell, polo desenvolvemento de novos métodos para que os microscopios podan ver detalles máis pequenos.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Conferencia/Mesa redonda