Esplendor e farsa da arte contemporánea
No terreo das artes, o século XX veu marcado pola irrupción das vangardas e a multiplicación de novas correntes e “ismos” (fauvismo, futurismo, cubismo, dadaísmo, construtivismo, surrealismo, expresionismo abstracto...). Varias xeracións de creadores enfrontáronse ás convencións estéticas da burguesía desde unha actitude provocadora, cando non abertamente estravagante. A súa influencia social non parou de medrar, mentres a percepción maioritaria dos públicos oscilaba entre o estrañamento e o estupor, entre a fascinación e as acusacións de fraude.

