Evento: Arissa. A sombra e o fotógrafo 1922-1936

Arissa. A sombra e o fotógrafo 1922-1936
venres, 18 setembro, 2015 a domingo, 15 novembro, 2015
Centro Galego de Arte Contemporánea - CGAC,
Santiago de Compostela

Arissa. A sombra e o fotógrafo 1922-1936

Exposición que amosa a través de 150 fotografías a evolución de Arissa desde o pictorialismo ata a vangarda da Nova Visión

A sombra e o fotógrafo amosa a evolución de Arissa desde o pictorialismo ata a vangarda da Nova Visión, e faino a través dunha coidada selección de máis de cento cincuenta fotografías realizadas entre 1922 e 1936.

Estas imaxes fálannos dun fotógrafo do seu tempo, que participa dos avances tecnolóxicos e as novas correntes artísticas do medio achegando a súa visión particular a partir dos experimentos realizados na intimidade do seu pequeno taller.

Exposición producida por Fundación Telefónica coa colaboración do Institut d’Estudis Fotogràfics de Catalunya.

 

Coincidindo coa exposición, o CGAC presenta un ciclo de intervencións e comunicacións, Memoria e Arquivo, que abordarán como a investigación e valorización de distintos arquivos fotográficos históricos permitiu establecer unha nova lectura e interpretación de diversos autores.

Arissa é un claro exemplo de como a investigación e conservación dos seus arquivos permitiu reconsiderar a súa figura máis aló da etiqueta tradicional de fotógrafo pictorialista para podermos falar dunha etapa vangardista e ligada ás correntes internacionais dos anos trinta. A guerra civil liquidou a posibilidade de continuidade das ditas prácticas vangardistas; recuperar hoxe aquelas iniciativas é tratar de corrixir o silenciamento dunha historia incompleta e restituír o rigor que debe manter a memoria.

Inician o ciclo, o día 18 de setembro, ás 18:30 horas na sala do Padroado do CGAC  Rafael Levenfeld e Valentín Vallhonrat, comisarios de Arissa, que abordarán outros traballos de investigación en arquivos fotográficos emprendidos por eles: Marín, Brangulí e Ortiz-Echagüe.

Máis información das conferencias

 

 

Máis eventos de tipo Exposición

Mandala (Arc en ciel)
18 de outubro a 7 de setembro
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5
Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo
27 de xaneiro a 31 de maio
Monte Gaiás, s/n
Ollos de vidro. As formas doutra historia de Galicia
28 de xaneiro a 25 de maio
Avenida do Burgo das Nacións