Cafetería e restaurante

Cafetería e restaurante Situado no espazo central da illa, o edificio mantén a disposición ordenada en tres corpos rectangulares orixinais, que se articulan ao redor dun patio-xardín a poñente. Os dous corpos laterais acristalados destínanse a salóns e usos múltiples, mentres que o interior alberga a cafetería e a cociña.

Unha galería-corredor acristalada resolve a comunicación entre todos os elementos do conxunto, con capacidade para cen comensais. Dese modo dáselles cabida non só aos visitantes, senón tamén aos participantes en congresos, cursos, seminarios e outras actividades culturais, académicas e profesionais que se celebran nas illas.

Cafetería e restauranteO edificio antes