Residencia Stella Maris

Residencia Stella MarisÉ o edificio de maior altura das illas, con soto, planta baixa e dous pisos. Destinábase a uso residencial de primeira categoría para a pasaxe na época do lazareto e tamén acollía oficinas e a vivenda do director na época da colonia penal. Un uso residencial que se conservou na rehabilitación, respectando as fachadas, a estrutura interior, os corredores e as escaleiras. A súa excelente localización sobre o mar, rodeado de xardíns, convérteo nun escenario perfecto para aloxar participantes en encontros e actividades que precisan facer noite nas illas. Conta con 21 cuartos con baño con capacidade para albergar 36 residentes, restaurante-comedor, diversas estancias para o descanso, a lectura e o ocio, así como cafetería, piscina e terrazas.

Residencia Stella MarisA residencia antes